RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Os últimos marcadores antes do Entroido!
- 2 days ago
- 2 min read

Martes, 10/02/2026 · 16:25h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS disputou unha nova xornada de partidos, a última antes de gozar do Entroido!
XUVENIL 5-0 Jogafan Ordes FS
X4 Primeira Futgal FS - Liga Regular 1ª Div. | SÁB. 07/02 | 11:30h
O Xuvenil de Julio Moreno goleou por 5-0 ao Jogafan Ordes na 4ª xornada da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS, grazas aos tantos de Mateo Castro, Adrián Yáñez x2, Bruno Regos e en propia meta. Na táboa sitúanse 2º con 6 puntos.
Ribeira FS 7-4 CADETE
X19 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 08/02 | 18:45h
O Cadete de Pablo Cardoso non puido sumar ante o Ribeira FS, que levou o choque por 4-7. As dianas noieses naceron das botas de Leonardo Scavio, Pablo Creo e Bruno Regos x2. Tras esta derrota, os nosos son 13º con 6 puntos.
Ribeira FS 7-1 INFANTIL
X19 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 08/02 | 17:00h
O Infantil de Iván Fernández comezou gañando ante o líder Ribeira FS, pero finalmente a lóxica clasificatoria impúxose. Luca Collura anotou o único gol dos noieses, que tras 19 partidos son 13º con 10 puntos na táboa.
ALEVÍN 2-4 Jogafan Ordes FS
X12 Primeira Futgal FS | SÁB. 07/02 | 17:30h
O Alevín caeu ante o Jogafan Ordes FS, gañador do duelo da xornada 12 de Primeira Futgal FS por 2-4. Os goles noieses foron obra de Tiago Rodríguez. Na clasificación, 6ª posición con 21 unidades.
PREBENX. 0-4 Alto do Vento FS
X12 Primeira Futgal FS | SÁB. 07/02 | 16:00h
O Prebenxamín perdeu por 0-4 contra o Alto do Vento FS en partido da 12ª data de Primeira Futgal FS. A clasificación sitúa aos nosos 5º con 16 puntos.







