top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi outra semana cargada de partidos!


Luns, 10/02/2025 · 19:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Nova fin de semana de gran número de partidos para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS que queda atrás, cos seguintes resultados!



XUVENIL Peixe e Garrincha 7-3 La Salle
X13 Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 19:00h

O Xuvenil Peixe e Garrincha superou ao La Salle no seu partido da 13ª jornada de Primeira Futgal FS por 7-3, cos goles de Bosco Cameán x3, Xoel Canosa, Gabriel Cutrin x2 e Carlos Suárez. Na táboa sitúanse 6º con 12 puntos.



UD Estrada FS 3-10 CADETE Rubi e Douglas
X14 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 12:00h

O Cadete Rubi e Douglas logrou a vitoria na súa visita ao UD Estrada FS por un destacado 3-10. Os goleadores foron Gabriel Cutrin x5, Carlos Suárez x3, Manuel Creo e Bosco Cameán. Con estes 3 puntos colócanse 6º con 22 unidades.



FC Meigas 1-10 INFANTIL Pirata
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | VIE. 07/02 | 19:00h

O Infantil Pirata superou por 1-10 ao FC Meigas no partido pendente da xornada 10. Anotaron as dianas noiesas Pablo Sampedro x4, Isaac Martínez x2, Iván Queiro, Nicolás Barreiro e Elena Pérez x2.



INFANTIL Pirata 3-3 SD O Pino
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 18:00h

No duelo correspondente á xornada 13, o Infantil Pirata igualou 3-3 co SD O Pino no Agustín Mourís. Os tantos brancos foron de Sebastián Franco, Iván Hermo e Ruy Caamaño. Tras o dobre partido, os nosos son 6º con 22 puntos.



AD Codima "B" 6-4 ALEVÍN Schütt e Á. García
X8 Fase Previa Primeira Futgal FS | VIE. 07/02 | 20:30h

O Alevín Schütt y Álex García caeu por 6-4 ante o AD Codima "B" no aprazado da 8ª xornada de fase previa ligueira. Os goles noieses conseguíronos Tiago Rodríguez x2, Simón Rodríguez e Hugo González.



Victoria FC "B" 2-12 ALEVÍN Schütt e Á. García
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 10:00h

No segundo duelo da fin de semana, o Alevín Schütt e Álex García superou ao Victoria FC "B" por 2-12, grazas ás dianas de Adrián Mayo x5, Luca Santiago x2, Hugo González, Leo Pérez x2, Teo Louro e Pablo Gosende. Na táboa son 6º con 22 puntos.


BENX. Pazos e Altamirano 4-1 CD CompoSala
X12 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 08/02 | 16:15h

O Benxamín Pazos e Altamirano gañou por 4-1 ao CD CompoSala en partido da duodécima xornada da fase previa de Liga. Os goles dos brancos lográronos Luca Santiago x2 e Ryan Mendes x2. Na clasificación son 7º con 7 puntos.


BENX. Rufino 0-18 EDS Santa Marta
X12 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 17:00h

O Benxamín Rufino perdeu contra o EDS Santa Marta, en encontro da 12ª xornada da fase previa ligueira. Na táboa os nosos son 7º con 6 puntos.



AD Codima 4-0 PB Diego e Power
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | VIE. 07/02 | 19:30h

O Prebenxamín Diego e Power perdeu o venres no Pavillón Carmen Estévez de Roxos ante o AD Codima por 0-4.



PB Diego e Power 3-0 Club Melide FS
X9 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 12:00h

O domingo recuperou o Prebenxamín Diego e Power o partido pendente da xornada 9 contra o Club Melide FS, con resultado final de 3-0 favorable aos noieses. Tras esta vitoria, os nosos son 4º con 22 puntos.



PB Montero e Iván 0-4 Alto do Vento FS
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 09/02 | 13:00h

O Prebenxamín Montero e Iván perdeu por 0-4 contra o Alto do Vento FS no Agustín Mourís. 5ª posición con 16 puntos na clasificación.





Comments


bottom of page