RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Primeira Futgal, campión de Copa!
- 7 days ago
- 1 min read

Luns, 08/06/2026 · 11:38h
Que fin de semana para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS! O Xuvenil de Primeira Futgal FS proclamouse campión de Copa e completa o dobrete xunto á Liga!
XUVENIL 8-3 CD CompoSala "B"
Primeira Futgal FS - Copa Semifinal | SÁB. 06/06 | 11:30h
O Xuvenil de Julio Moreno conseguiu meterse na final copeira do domingo ao superar con contundencia, por 8-3, ao CD CompoSala "B" no Municipal Agustín Mourís. Os tantos brancos foron de Mateo Castro x3, Gabriel Cutrin x3, Bruno Regos e Ismael Martínez.
XUVENIL 3(5)-3(3) CD CompoSala
Primeira Futgal FS - Copa Final | DOM. 07/06 | 13:00h
Pouco máis de 24 horas despois, chegou o momento da gran final. O Xuvenil de Julio Moreno citouse co CD CompoSala no Municipal Santa Isabel de Santiago de Compostela co título copeiro en xogo. O encontro transcorreu cun reparto de golpes no que os santiagueses tomaban a diantera, pero vían como os noieses sempre respondían para empatar, cos goles de Carlos Suárez, Mateo Castro e Bruno Regos. As táboas ao final do tempo de xogo levaron a decisión á quenda de penaltis. Adrián Yáñez, Izan Piñeiro, Gabriel Cutrin, Samuel Veiga e Bruno Regos converteron os seus lanzamentos, o que, unido á parada de Mario Amor certificou o éxito e o segundo título da temporada para o equipo. Parabéns, rapaces! Sodes orgullo da Vila e do Club!





Comments