top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Os primeiros marcadores de maio



Con catro triunfos e cinco derrotas se saldou a primeira fin de semana de maio na Escola Deportiva noiesa, destacando as goleadas do Xuvenil e o Infantil, ademais da eliminación copeira do Cadete de Galega.


XUVENIL

Os de Daniel Ventoso continúan coñecendo só a vitoria na Copa. 0-8 foi o resultado da súa visita ao Oroso FS CD "B", cos tantos de Pau Codony x3, Sito x2, Lucas Pardo, Eloy Gerpe e Hugo Romero. Na táboa son líderes do seu grupo con 9 puntos de 9 posibles.


CADETE

Non puido ser para o Cadete de Galega, que pecha a temporada despois de caer eliminado da Copa Galicia na cancha do Hércules Sport Sala FS por 5-3. Os coruñeses impuxeron a súa condición de equipo de superior categoría ante un cadro noiés que contaba con algunhas baixas. Álvaro Fernández, César Calatayud e Hugo Veiga conseguiron os goles noieses. Campións de Liga Galega e eliminados en oitavos de Copa Galicia contra un cadro de maior categoría, unha temporada para estar orgullosos dos nosos!


Nada puido facer o Cadete de 1ª Autonómica no seu duelo contra o Atlético Fátima. Os de Julio Moreno cederon por 11-0 no encontro da xornada 24 de Liga. Na clasificación ocupan o 8º posto con 22 puntos.


INFANTIL

Con contundencia superou o Infantil de Pablo Cardoso ao EFS Trasgos na mañá do sábado. Adrián Yáñez x3, Ismael Trillo, Gabriel Cutrin x4, Carlos Suárez e dous en propia portería foron os goles que completaron o 11-0 final. Os nosos son segundos con 6 puntos no seu grupo, empatados co líder Stellae FS.



ALEVÍN

Tamén gañou con amplitude o Alevín ao EFS Trasgos no outro duelo da matinal do sábado no Mourís. Nicolás Barreiro x3, Adrián Vidal, Elena Pérez e Iván Queiro x2 anotaron as dianas noiesas para o 7-2. Na táboa clasificatoria do seu grupo ocupan o 3º lugar con 6 puntos.



BENXAMÍN

Carlos Piñeiro logrou o único gol do Benxamín noiés na súa derrota contra o Alto do Vento FS "B" por 12-1. Na clasificación do seu grupo, os noieses son 4º co casilleiro de puntos aínda por estrear.


PREBENXAMÍN

Dobre derrota na categoría Prebenxamín, co equipo "A" cedendo por 3-1 contra o CD Sar Extramundi (continúan 2º con 3 puntos no grupo) e o equipo "B" por 4-2 co Dubra SD (están 3º de grupo sen puntos).


BIBERÓN

Primeiro triunfo dos máis pequenos do Noia Portus Apostoli FS! Por 2-4, os nosos superaron ao Villestro SD "B". Na clasificación de grupo son 2º con 4 puntos, a 2 do propio Villestro SD "B". Parabéns, rapaces!

bottom of page