top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Entrando nas fases finais ligueiras!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 7
  • 2 min read

Luns, 07/04/2025 · 19:40h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Varios equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS entran xa nas fases finais de Liga tras os resultados desta xornada!



La Salle 3-1 CADETE Rubi e Douglas
X5 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 06/04 | 17:00h

O Cadete Rubi e Douglas cedeu nun igualado encontro ante La Salle pola 5ª xornada da fase regular, cun resultado de 3-1. O tanto branco foi de Adrián Yáñez. A falta dun partido, os nosos son 2º con 9 puntos.



INFANTIL Pirata 2-1 Oroso FS CD
X5 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 06/04 | 18:30h

O Infantil Pirata conseguiu unha importante vitoria ante o Oroso FS CD por 2-1 nas súas pretensións de pasar á fase eliminatoria ligueira. Os goles noieses foron de Alexis Boo e Massamba Diop. Na táboa ocupan a 2ª posición con 9 unidades.



Alto do Vento FS "B" 5-1 ALEVÍN Schütt e Á. García
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | SÁB. 05/04 | 10:00h

O Alevín Schütt e Álex García estará na fase eliminatoria da Liga, a pesar de caer por 5-1 na súa visita ao Alto do Vento FS "B". O único tanto noiés fíxoo Leo Pérez. Os nosos terminan esta segunda fase 2º con 10 puntos.



EDS Santa Marta 3-2 BENX. Pazos e Altamirano
X5 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 06/04 | 12:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano perdeu por 3-2 contra o EDS Santa Marta, en partido da quinta xornada de fase regular de Liga. Os seus goles, obra ambos de Ryan Mendes. A falta de 1 partido, son 3º con 3 puntos.



BENX. Rufino 3-15 Alto do Vento FS "B"
X5 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 06/04 | 17:15h

O Benxamín Rufino caeu por 3-15 co Alto do Vento FS "B" no penúltimo choque desta segunda fase ligueira. As dianas noieses foron de Héctor Pedrosa x2 e Manuel Dosil. Na clasificación, 4º lugar sen puntos.



Club Melide FS 0-2 PB Diego e Power
X18 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 06/04 | 12:00h

O Prebenxamín Diego e Power terminou a fase previa ligueira con vitoria por 0-2 na pista do Club Melide FS, e asinan na clasificación final un 4º posto con 37 puntos.



PB Montero e Iván 1-3 Jogafán Ordes FS
X18 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 06/04 | 16:00h

O Prebenxamín Montero e Iván gozou dun gran partido ante os seus no Mourís, no que perdeu por 1-3 ante o Jogafán Ordes FS, concluíndo a fase previa ligueira en 5ª posición con 28 puntos.






Comments


bottom of page