top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Cadete de Liga Galega volve gañar na estrea de marzo!



A primeira fin de semana de marzo comezou con cinco partidos na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS e os seguintes resultados!


CADETE

Volta ás vitorias para o Cadete de Liga Galega, que superou amplamente a Os Meigallos FS (9-2) para sumar tres puntos que o manteñen no liderado con 50 puntos. César Calatayud, Fernando Ríos, Martín Neo, Álvaro Fernández x3, Hugo Veiga, Roi Castro e un en propia meta foron os tantos noieses na tarde do sábado.



Pola súa parte, o Cadete de 1ª Autonómica tentouno pero non puido co Alto do Vento FS "A", caendo finalmente por 5-12. Os goles brancos, obra de Adrián Teijeiro, Alejandro Hermida, Adrián Yáñez, Iván Fernández e José Prego. Na clasificación son 8º con 13 puntos.



ALEVÍN

Distinta sorte correu o Alevín nos seus dous compromisos da fin de semana, primeiro gañando o venres en partido de Liga Xogade ao ANPA Bergondo por 1-10 e logo sendo derrotado o domingo por 0-5 contra o Victoria FC "B" en partido da xornada 8 do Grupo 2 de 1ª Autonómica. Na clasificación ocupan o quinto posto.


PREBENXAMÍN

Tampouco puido sumar o Prebenxamín, que perdeu na visita do CD Sar Extramundi ao Agustín Mourís na mañá do domingo por 0-3. Na táboa son 5º con 13 puntos.

bottom of page