top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Alevín Pirata e Altamirano, no máis alto nas súas estreas copeiras!


Imaxe do partido do Alevín Pirata (foto: Manuel Lorenzo)

O mes de abril comezou para a Escola Deportiva cunha semana larga de dez partidos, resoltos en 5 vitorias, 2 empates e 3 derrotas, ademais de coa estrea dos torneos de Copa para varios dos equipos.



XUVENIL Rufino 2-3 CD CompoSala
X19 1ª Autonómica - Fase Previa | JUE. 04/04 | 19:30h

O Xuvenil Rufino caeu na visita do CD CompoSala ao Municipal Agustín Mourís, nun duelo de alternativas no que os goles de Daniel García e Álex Hermida non serviron para sumar. Os noieses permanecen 8º con 16 puntos. AQUÍ, a GALERÍA do partido.



Club San Francisco Teo 5-5 CADETE Lluc
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | SÁB. 06/04 | 10:00h

O Cadete Lluc estreouse en Copa cun empate a cinco goles contra o Club San Francisco Teo. Damián Alborés, William Ons, Joel García x2 e Xoel Canosa foron os autores dos tantos brancos. Na clasificación colócanse 4º de 8 equipos con este primeiro punto.



Club Melide FS 4-6 CADETE Henrique e Jabá
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 06/04 | 18:00h

O Cadete Henrique e Jabá fíxose cos tres primeiros puntos de Copa ao superar ao Club Melide FS por 4-6, grazas aos goles de Xavi Fernández x3 e Adrián Yáñez x3.



ALEVÍN Pirata 12-0 AD Codima "B"
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 07/04 | 17:00h

Vitoria ampla do Alevín Pirata ante o AD Codima "B" para estrearse na Copa. Os goles noieses, obra de Álex Balderrábano x3, Hugo Tuñas x3, Adrián Mayo x2, Ruy Caamaño x3 e Álex Ferradás. A GALERÍA do partido, AQUÍ.



ALEVÍN Altamirano 3-1 Club Melide FS
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 07/04 | 16:00h

Xunto ao Alevín Pirata ascende ao máis alto da táboa do grupo 1 de Copa Alevín o Altamirano, grazas á vitoria contra o Club Melide FS por 3-1. Iván Queiro, Adrián Vidal e Eiden Abrahan lograron os goles brancos.



Atlético Fátima 11-2 ALEVÍN Pazos
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | MIÉ. 10/04 | 19:00h

O Alevín Pazos debutou en Copa este mércores 10 con derrota en Lamas de Abade ante o Atlético Fátima, cun resultado final de 11-2. Os goles, de Hugo González e Luca Santiago.



Oroso FS CD 2-2 BENXAMÍN Pola
X9 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 06/04 | 12:30h

Empate e reparto de puntos no penúltimo partido desta fase ligueira para o Benxamín Pola ante o Oroso FS CD, cos tantos de Tiago Rodríguez x2. Na táboa son 5º con 7 puntos.



Oroso FS CD "B" 2-8 BENXAMÍN Sarmiento
X9 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | SÁB. 06/04 | 13:30h

O Benxamín Sarmiento logrou a vitoria na súa visita a Oroso por 2-8, por medio dos tantos de Aleixo Campos x2, Jorge Abeijón, Manuel Dosil x3, Manuel Estaire e Álvaro Couto. Na clasificación sitúanse 4º con 14 puntos.



Jogafán Ordes FS "B" 0-4 PB Matheus e Attos X9 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 06/04 | 12:30h

O Prebenxamín Matheus e Attos gañou o seu partido contra o Jogafán Ordes FS "B" por 0-4 e mantense no máis alto da clasificación con 19 puntos.



EDS Santa Marta 4-0 PB Machado e Power
X9 1ª Autonómica Liga Regular Título | SÁB. 06/04 | 19:00h

O Prebenxamín Machado e Power perdeu o seu partido contra o EDS Santa Marta por 4-0 no penúltimo encontro da segunda fase de 1ª Autonómica no grupo polo título.





bottom of page