top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así empezou febreiro!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 6 hours ago
  • 2 min read

Luns, 02/02/2026 · 17:47h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS xogou os seus primeiros minutos de febreiro nesta pasada xornada cos seguintes marcadores!



CADETE 4-6 CD Laca
X18 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/02 | 17:00h

O Cadete de Pablo Cardoso estivo a piques de facer unha gran remontada ante o CD Laca, pero terminou claudicando por 4-6. Os goles noieses foron de Iago Prado, Pablo Creo, Massamba Diop e en propia portería. Así, os nosos son 13º con 6 puntos na táboa.



INFANTIL 4-6 AD Codima
X18 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/02 | 19:30h

O Infantil de Iván Fernández non puido co AD Codima nun igualado duelo da 18ª xornada de Preferente Futgal FS. Os tantos noieses correron a cargo de Ruy Caamaño, Hugo Tuñas x2 e Tiago Rodríguez. Na clasificación, os nosos son 13º con 10 puntos.



SD O Pino 10-1 INFANTIL
X11 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/02 | 10:15h

O Infantil caeu ante a SD O Pino, co seu único gol chegando por medio de Hugo Horta. Na táboa, os nosos son 9º con 6 puntos.



AD Codima "B" 7-2 ALEVÍN
X11 Primeira Futgal FS | DOM. 01/02 | 11:00h

O Alevín perdeu por 7-2 no seu partido co AD Codima "B" da xornada 11 de Primeira Futgal FS. Os goles noieses foron de Jorge Abeijón e Luca Santiago. Na clasificación ocupan o 6º lugar con 21 puntos.



BENX. "A" 9-1 EFS Trasgos "A"
X11 Primeira Futgal FS | DOM. 01/02 | 11:00h

O Benxamín "A" sumou o triunfo contra o EFS Trasgos "A" por un marcador de 9-1. Os goleadores brancos foron Mateo Alcalde x2, Héctor Pedrosa, Pablo Torrado x2, Alexander Santos e Brais Dosil x3. Na táboa, suben á 10ª posición con 6 puntos.



Victoria FC 6-0 BENX. "B"
X11 Primeira Futgal FS | SÁB. 31/01 | 20:00h

O Benxamín "B" cedeu por 6-0 fronte ao Victoria FC, e tras once xornadas é 6º con 16 puntos na clasificación ligueira.



Victoria FC 0-3 PREBENX.
X11 Primeira Futgal FS | SÁB. 31/01 | 19:00h

O Prebenxamín gañou por 0-3 ao Victoria FC no seu partido da 11ª data de Primeira Futgal FS. Con esta vitoria, os noieses sitúanse 3º con 16 puntos na táboa.

Comments


bottom of page