top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Cadete é campión de Liga Galega!



Nunha fin de semana con poucos partidos, o éxito do Cadete de Liga Galega brillou aínda con máis forza. Así foron os catro encontros disputados entre o venres e o sábado.


CADETE

Coa clara vitoria por 10-1 sobre o Concello de Begonte FS, os de David Palmas confirmaron diante dun Agustín Mourís que foi unha festa o título de Liga Galega e o ascenso como campións á División de Honra, a máxima categoría. Os tantos do partido, obra de Fernando García x2, Daniel García, Martín Neo, Miguel Romero x2, Roi Castro, Álvaro Fernández, Iván Fernández e en propia portería. Parabéns, rapaces!


O Cadete de 1ª Autonómica caeu na cancha do Oroso FS CD por un resultado de 2-0, no encontro da xornada 20. Os de Julio Moreno baixan á novena praza na táboa con 13 puntos.


BENXAMÍN

Empate para o Benxamín no seu partido contra o EFS Rodeiro, que pechaba o campionato do Grupo 2 de 1ª Autonómica. Anotaron as dianas Diego Suárez, Martín Suárez, Nicolás del Río x2 e Carlos Piñeiro. A súa posición final na clasificación, 6º con 7 puntos.


PREBENXAMÍN

Rematou o Grupo 1 da 1ª Autonómica o Prebenxamín 5º con 19 puntos, logo de vencer por 2-0 ao AD Codima-Galipizza na última data da Liga.

bottom of page