top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Unha goleada e dúas quendas de penaltis protagonizan a xornada!

  • Jun 3
  • 1 min read

Mércores, 03/06/2026 · 16:48h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Un equipo da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS continúa o seu camiño na Copa e dous péchano tras a última xornada de partidos!



XUVENIL 6-0 Jogafan Ordes FS
Primeira Futgal FS - Copa Cuartos de final | DOM. 31/05 | 12:00h

O Xuvenil de Julio Moreno xa está na semifinal da Copa de Primeira Futgal FS, despois de superar por 6-0 ao Jogafan Ordes FS no duelo de cuartos cos goles de Samuel Veiga, Gabriel Cutrin x2, Adrián Yáñez, Xavi Fernández e Bruno Regos.



Jogafan Ordes FS 1(6)-1(5) ALEVÍN
Primeira Futgal FS - Copa Semifinal | MAR. 02/06 | 18:00h

O Alevín quedou a un paso da final da Copa de Primeira Futgal FS. Só a quenda de penaltis, na que cederon por 6-5 fronte ao Jogafan Ordes FS, puido apear aos noieses. Durante o tempo regulamentario ambos equipos empataron 1-1, co gol branco obra de Eduardo Barreiro.



Victoria FC 2(4)-2(1) PREBENX.
Primeira Futgal FS - Copa Cuartos de final | DOM. 31/05 | 13:00h

O Prebenxamín tampouco tivo fortuna na quenda de penaltis dos cuartos de final da Copa, nos que caeu por 4-1 ante o Victoria FC despois de empatar 2-2 no tempo de xogo.

Comments


bottom of page