top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a primeira semana de maio!



A primeira fin de semana de maio con partidos da Escola Deportiva traduciuse en 3 vitorias e 6 derrotas nos 9 partidos disputados entre venres e luns.



Alto do Vento FS 1-5 XUVENIL
X28 Liga Galega FS | VIE. 03/05 | 21:30h

O Xuvenil de Liga Galega FS sumou un triunfo máis na súa visita ao Alto do Vento FS por un marcador de 1-5. Os goles noieses en Santiago foron obra de Álvaro Fernández x3, Oliver Chenel e Mateo Varela. Os nosos, xa campións, colócanse con 70 puntos a falta de dous partidos para rematar o campionato.



XUVENIL Rufino 6-7 Victoria FC
1ª Autonómica Copa - Fase Previa | LUN. 06/05 | 20:15h

O Xuvenil Rufino despídese do torneo copeiro na fase previa tras caer nun axustado duelo na tarde do luns por 6-7 contra o Victoria FC. Os goles noieses, de Alejandro Rey, Iván Fernández, Hugo Romero x3 e Alejandro Hermida.



CADETE Lluc 0-3 Jogafán Ordes FS "B"
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 05/05 | 10:30h

O Cadete Lluc perdeu no seu partido da quinta xornada de Copa contra o Jogafán Ordes FS "B" por 0-3, o que os deixa na táboa clasificatoria 8º con 1 punto.



ALEVÍN Pirata 1-3 Alto do Vento FS "C"
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 05/05 | 19:00h

O Alevín Pirata viu cortada a súa gran progresión copeira ao ser superado polo Alto do Vento FS "C" cun marcador de 1-3. O gol noiés foi de Gorka Tomé. Na clasificación quedan líderes de grupo con 12 puntos.



Jogafán Ordes FS 9-0 ALEVÍN Pazos
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | VEN. 03/05 | 19:30h

O Alevín Pazos caeu por 9-0 no seu quinto partido de grupo copeiro contra o Jogafán Ordes FS no Municipal Castelao II.



UD Estrada FS 1-13 BENXAMÍN Pola
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | DOM. 05/05 | 16:00h

O Benxamín Pola gañou o seu partido contra o UD Estrada FS por 1-13, gracas aos goles de Nicolás del Río x2, Tiago Rodríguez, Daniel Castaño, Luca Santiago x2, Martín Suárez x3 e Diego Suárez x4. Colócanse 3º con 6 puntos na táboa.



EFS Trasgos "A" 1-3 BENXAMÍN Sarmiento
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 05/05 | 16:00h

O Benxamín Sarmiento tamén logrou o triunfo, no seu caso visitando ao EFS Trasgos "A", por 1-3, coas dianas de Manuel Estaire, Manuel Dosil e Aleixo Campos. Os nosos posiciónanse 4º con 6 puntos.



PB Matheus e Attos 0-4 EDS Santa Marta X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 05/05 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos o pasado domingo no Municipal Agustín Mourís frente ao EDS Santa Marta por 0-4. Na clasificación son 5º con 3 puntos.



Milladoiro SD 2-1 BIBERÓN Nico Rosa
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 04/05 | 16:00h

Os máis pequenos da Escola noiesa disputaron o seu segundo partido da temporada contra o Milladoiro SD, que levou a vitoria por 2-1 nun gran encontro.


bottom of page