top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | 15 vitorias do Xuvenil de Liga Galega FS!



A Escola Deportiva comeza os partidos de febreiro con 2 vitorias, 1 empate e 7 derrotas nos encontros disputados entre o sábado e o domingo.


Sala Ourense 2014 1-7 XUVENIL
X17 Liga Galega | SÁB. 03/02 | 12:30h

Non baixa o ritmo o Xuvenil de Liga Galega FS, que chega ás 15 vitorias en 16 partidos, 45 puntos e mantén os 6 de distancia no máis alto da táboa grazas ao triunfo na pista do pechacancelas, o Sala Ourense 2014, por 1-7. Os tantos noieses, obra de Álvaro Fernández, Xavi Souto x3, Mateo Vázquez x2 e Mateo Varela.


XUVENIL Rufino 3-5 AD Codima
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 04/02 | 13:00h

Curtouse a xeira positiva do Xuvenil Rufino, que na recta final vía como o AD Codima lle daba a volta ao marcador para levarse o partido por 3-5. Anotaron os goles brancos Iván Fernández x2 e Daniel García. Os nosos son 6º con 13 puntos.


CADETE Lluc 3-5 AD Codima "B"
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 04/02 | 12:00h

Mesmo resultado encaixou o Cadete Lluc ante o AD Codima "B", noutro duelo que tamén se definiu nos minutos decisivos. William Ons, Xoel Canosa e Jorge Outón, autores dos goles dos nosos, 5º con 11 puntos na táboa.


Alto do Vento FS 9-2 CADETE Henrique e Jabá
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 04/02 | 16:15h

O Cadete Henrique e Jabá caeu por 9-2 na súa visita ao líder. Mateo Castro anotou os dous goles noieses, 5º con 8 puntos na clasificación.


Alto do Vento FS "B" 3-1 ALEVÍN Altamirano
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 03/02 | 18:45h

O Alevín Altamirano perdeu no seu encuentro co Alto do Vento FS "B", a pesar do tanto de Eiden Abrahan. Os noieses permanecen 6º con 7 puntos.


Jogafán Ordes FS "B" 8-0 ALEVÍN Pazos
X12 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 03/02 | 16:00h

Derrota do Alevín Pazos en Ordes, no seu partido contra o Jogafán Ordes FS "B", con marcador final de 8-0.


Jogafán Ordes FS 4-3 BENXAMÍN Pola
X2 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 03/02 | 18:00h

O Benxamín Pola quedou preto de sumar no seu partido contra o Jogafán Ordes FS. Marcaron as dianas noiesas Tiago Rodríguez x2 e Nicolás del Río. Tras estas dúas xornadas da segunda fase ligueira, aínda quedan pendentes de puntuar.


Jogafán Ordes FS "B" 3-3 BENXAMÍN Sarmiento
X2 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | SÁB. 03/02 | 17:00h

Empate a domicilio do Benxamín Sarmiento ante o Jogafán Ordes FS "B" e segunda semana seguida sumando. Os goles noieses, de Aleixo Campos x3. 3ª posición con 4 puntos na táboa.


Atlético Fátima "B" 0-2 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X2 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 03/02 | 11:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos conseguiu a súa segunda vitoria na segunda fase ligueira por 0-2 contra o Atlético Fátima "B". Sitúanse 2º con 6 puntos de 6 posibles.


Stellae FS - Valga 4-0 PREBENXAMÍN Machado e Power X2 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 04/02 | 16:00h

Non correu a mesma sorte o Prebenxamín Machado e Power, que perdeu ante o Stellae FS - Valga e tras dúas xornadas non sumou puntos nesta fase.



bottom of page