top of page

RESULTADO ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Galega logra un triunfo implacable


Celebración dun dos goles (foto: Manuel Lorenzo)

Venres e a xornada da Escola Deportiva chegou xa ao seu fin, nuns días marcados polas festividades de Semana Santa, cun amplo triunfo do Xuvenil de Liga Galega FS.



XUVENIL 13-0 Grupo Forma-t Vilalba FS
X24 Liga Galega FS | VEN. 29/03 | 13:00h

Goleada contundente do equipo dirixido por Daniel Ventoso, que puxo a directa ben cedo, completando unha gran actuación tanto ofensiva como defensiva, na visita dun Grupo Forma-t Vilalba FS que non puido facer nada ante o vendaval. Os brancos chegaron xa cun 5-0 favorable ao descanso, e no segundo tempo deixaron o marcador final de 13-0. Os tantos foron obra de Xavi Souto x4, Mateo Vázquez x2, Oliver Chenel x3, Fernando García x2, Álvaro Fernández e Roi Castro. Cun partido máis que o seu inmediato perseguidor, o Pescados Rubén Burela FS, os nosos amplían o seu liderado con 8 puntos de diferenza a falta de 6 xornadas. Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido.




bottom of page