top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Últimos marcadores de marzo!


Martes, 01/04/2025 · 13:05h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS puxo fin ao mes de marzo esta pasada fin de semana e fíxoo da seguinte maneira!



Victoria FC 3-4 CADETE Rubi e Douglas
X4 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 29/03 | 18:00h

O Cadete Rubi e Douglas logrou un importante triunfo in extremis na súa visita ao Victoria FC por 3-4. Os tantos noieses foron de Alexis Boo, Adrián Yáñez, Ismael Martínez e Xavi Fernández. Con estes tres puntos, os nosos ascenden á primeira praza con 9.



Alto do Vento FS "B" 4-1 INFANTIL Pirata
X4 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 13:00h

O Infantil Pirata cedeu por 1-4 ante o Alto do Vento FS "B" o pasado domingo. O gol noiés anotouno Massamba Diop. Tras catro xornadas desta fase regular, os nosos son 3º con 6 puntos na táboa.



ALEVÍN Schütt e Á. García 12-2 Oroso FS CD
X5 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 18:00h

O Alevín Schütt e Álex García conseguiu un gran triunfo por 12-2 sobre o Oroso FS CD que os aúpa á 2ª posición con 10 puntos. As dianas brancas foron de Iker Filgueira, Tiago Rodríguez x6, Adrián Mayo x2, Teo Louro e Iván Pais.




AD Codima 5-0 BENX. Pazos e Altamirano
X4 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 12:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano non puido sumar na súa visita ante o AD Codima, que levou o gato á auga por 5-0. Na clasificación os nosos son 3º con 3 puntos tras 5 xornadas da segunda fase.



AD Codima "B" 9-3 BENX. Rufino
X4 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 13:00h

O Benxamín Rufino tampouco sacou puntos do seu desprazamento para xogar ante o AD Codima "B". Tras esta derrota por 9-3, na que anotaron Manuel Dosil e Pablo Gosende x2, os nosos son 4º sen puntuar.



PB Diego e Power 4-0 Victoria FC "B"
X17 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 17:00h

O Prebenxamín Diego e Power gozou do seu último partido de Liga na casa e logrou ademais a vitoria ante o Victoria FC "B" por 4-0, nun partido que foi toda unha festa para nenos e familiares. Na táboa os nosos están 4º con 34 unidades.




AD Codima 3-0 PB Montero e Iván
X17 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 29/03 | 17:00h

O Prebenxamín Montero e Iván perdeu por 3-0 contra o AD Codima no seu choque da 17ª xornada ligueira e ocupa a 5ª posición con 28 puntos.





Comments


bottom of page