top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así despediron abril as inferiores


A última semana de abril deixou dúas vitorias, un empate e tres derrotas na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


CADETE

O Cadete de Galega avanza a oitavos da Copa Galicia, despois de superar por un axustado 4-3 ao Colegio Liceo. Álvaro Fernández x3 e César Calatayud anotaron os goles dos noieses, que visitarán na seguinte rolda ao Hércules Sport Sala FS.


O Cadete de 1ª Autonómica tamén se levou o triunfo no duelo contra o Club Melide FS por un resultado de 4-2. Adrián Yáñez, Damián Alborés, Manuel Fernández e Xoel Canosa conseguiron os tantos dos brancos, que son oitavos con 22 puntos tras 23 xornadas disputadas.


INFANTIL

O infantil noiés caeu na visita do Stellae FS "B" a Noia. Na táboa do seu grupo copeiro son 2º con 3 puntos.


ALEVÍN

Tampouco foi quen de sumar o Alevín na súa visita ao Stellae FS "B", que deixa aos noieses 3º con 3 puntos no grupo de Copa.


BENXAMÍN

Derrota do Benxamín por 3-5 fronte o Victoria FC - Dinos "C". Luca Santiago, Nicolás del Río e Martina Balderrábano foron os goleadores do equipo branco.


BIBERÓN

Primeiro punto para o Biberón, que igualou 2-2 co Bertamiráns CF na mañá do domingo.

bottom of page