top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Importante vitoria do Xuvenil de Galega en Redondela!


(foto: Manuel Lorenzo)

Balance de tres vitorias, tres empates e catro derrotas nesta pasada fin de semana de acción da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


Redondela FS Maramar 3-9 XUVENIL
X7 Liga Galega | DOM. 29/10 | 18:00h

Golpe na mesa do Xuvenil de Daniel Ventoso, que venceu con autoridade na cancha dun dos equipos rivais da zona alta da táboa. Cos goles de Álvaro Fernández, Oliver Chenel x5, Álex Calvo, Xavi Souto e Hugo Veiga, os noieses sacaron uns importantes tres puntos da súa visita ao Redondela FS Maramar que os coloca con 15, a dous do líder, que conta cun partido máis disputado.


XUVENIL Rufino 2-2 La Salle
X2 1ª Autonómica Fase Previa | DOM. 29/10 | 12:00h

O tramo final de partido condenou a un Xuvenil Rufino que gañaba 2-0, con goles de Daniel García e Roi Castro. Porén, en dúas accións concederon de máis ao ataque rival, o que lle serviu ao La Salle para conseguir o empate final. Con este resultado, os noieses son 8º con 1 punto. AQUÍ, A GALERÍA do encontro.


Compañía de María 8-3 CADETE Lluc
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 18:30h

Non puido repetir a alegría da primeira xornada o Cadete Lluc, que nesta segunda viuse superado polo Compañía de María. Joel García x2 e Fabio Gesto conseguiron os goles dos brancos, que son 4º con 3 puntos na táboa do seu grupo.


CADETE Henrique e Jabá 2-2 Oroso FS CD
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 28/10 | 12:00h

A reacción chegou tarde para o Cadete Henrique e Jabá, que igualou o 0-2 inicial grazas aos dous tantos de Adrián Yáñez na recta decisiva do encontro. Con este empate, ocupan a segunda praza do seu grupo con 4 puntos.


Jogafán Ordes FS "B" 4-7 ALEVÍN Pirata
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 16:00h

Segunda vitoria en dous partidos para o Alevín Pirata, que se impuxo ao Jogafán Ordes FS "B" por un marcador final de 4-7. As dianas noiesas, obra de Gorka Tomé, Hugo Tuñas, Álex Balderrábano, Ruy Caamaño x3 e Adrián Mayo. Na clasificación ocupan a 1ª praza con 6 puntos.


ALEVÍN Pazos 0-11 Alto do Vento FS "C"
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 11:00h

Non tivo a mesma sorte o Alevín Pazos, que acabou caendo na visita ao Mourís do Alto do Vento FS "C". AQUÍ A GALERÍA do partido.


BENXAMÍN Pola 5-3 Jogafán Ordes FS "B"
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 28/10 | 16:00h

Primeira vitoria do curso para o Benxamín Pola, que venceu ao Jogafán Ordes FS "B" cos goles de Martín Suárez, Tiago Rodríguez x3 e Luca Santiago. Na clasificación do seu grupo son 3º con 3 puntos.


BENXAMÍN Sarmiento 0-14 Alto do Vento FS
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 28/10 | 10:45h

Tampouco puido facer nada o Benxamín Sarmiento no seu enfrontamento co Alto do Vento FS, que se levou a vitoria da súa visita a Noia.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos 0-1 AD Codima
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 13:15h

Pola mínima caeu o Prebenxamín Matheus e Attos no seu partido contra o AD Codima na mañá do domingo no Mourís, nun partido que nos deixou imaxes como estas na GALERÍA DO PARTIDO.


PREBENXAMÍN Machado e Power 1-1 Jogafán Ordes FS
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 28/10 | 17:00h

Con empate estreouse o Prebenxamín Machado e Power no seu primeiro partido da temporada, disputado na tarde do sábado no Agustín Mourís.





bottom of page