RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores dunha xornada importante!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 4 days ago
- 2 min read

Mércores, 30/04/2025 · 10:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS dispuxo dunha xornada curta en canto a partidos, pero extensa en días, que terminou onte martes con estes resultados!
Oroso FS CD 2-3 CADETE Rubi e Douglas
Final Liga 1ª Div. Semifinal (ida) Primeira Futgal FS | DOM. 27/04 | 20:00h
O Cadete Rubi e Douglas toma unha importante vantaxe na eliminatoria fronte ao Oroso FS CD, ao gañar a domicilio o partido de ida das semifinais do torneo ligueiro por 2-3. Os tantos noieses foron obra de Carlos Suárez e Adrián Yáñez x2.
INFANTIL Pirata 3-5 Club Melide FS
Final Liga 1ª Div. Semifinal (ida) Primeira Futgal FS | DOM. 27/04 | 19:00h
O Infantil Pirata terá que remontar se quere acceder á final ligueira, despois de caer por 3-5 ante o Club Melide FS na ida de semifinais. Os goles dos brancos chegaron a cargo de Sebastián Franco Cucucovich x2 e Nicolás Barreiro.
Victoria FC 4-2 ALEVÍN Schütt e Á. García
Fase Final 1ª Div. Semifinal (volta) Primeira Futgal FS | DOM. 27/04 | 12:00h
O Alevín Schütt e Álex García quedou eliminado das eliminatorias ligueiras. Os noieses perderon por 4-2 ante o Victoria FC na volta de semifinais, despois do 1-1 da ida. Tiago Rodríguez e Adrián Mayo conseguiron as dianas do Portus Apostoli.
PB Diego e Power 4-0 PB Montero e Iván
X1 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | MAR. 29/04 | 18:00h
O apagón nacional do luns estivo a punto de aplazar o duelo noiés entre Prebenxamín Diego e Power e o Prebenxamín Montero e Iván para dar arranque á Copa. Finalmente, o partido si puido disputarse, e o triunfo foi a mans do PB Diego e Power por 4-0.
Comments