6 triunfos, 1 empate e 3 derrotas nos 10 partidos que disputou esta pasada fin de semana a Escola Deportiva, con varios aspectos a destacar nesta última xornada do mes de xaneiro.
XUVENIL 10-0 CD Beade / Galektra
X16 Liga Galega | SÁB. 27/01 | 20:00h
Incontestable triunfo do líder da Liga Galega FS sobre o CD Beade / Galektra, que non tivo opción ante os de Dani Ventoso, con bo xogo e acerto de cara a porta desde a primeira metade. César Calatayud x2, Fernando García, Oliver Chenel x4, Miguel Romero, Álvaro Fernández e Roi Castro conseguiron os tantos da vitoria, que os deixa con 42 puntos á fronte da táboa, mantendo 6 sobre o 2º e agora con 9 sobre o 3º. AQUÍ, as MELLORES IMAXES do partido.
XUVENIL Rufino 3-2 Club Melide FS
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 28/01 | 13:00h
Continúa a xeira positiva para o Xuvenil Rufino, que sumou o seu cuarto triunfo consecutivo na mañá do domingo sobre o Club Melide FS. Os goles de Hugo Romero e Roi Castro x2 deixan aos brancos 6º con 13 puntos tras alcanzar a metade do campionato. Consulta AQUÍ a GALERÍA do choque.
Jogafán Ordes FS "B" 2-2 CADETE Lluc
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 28/01 | 12:00h
O Cadete Lluc empatou na súa visita a Ordes, nun encontro no que anotaron Manuel Fernández e Jorge Outón. Con este marcador, os noieses permanecen 5º con 11 puntos na táboa.
CADETE Henrique e Jabá 4-2 Club San Francisco Teo
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 27/01 | 11:35h
Segundo triunfo da temporada para o Cadete Henrique e Jabá, que superou ao Club San Francisco Teo cos goles de Adrián Yáñez x2, Isaac Sampedro e Carlos Suárez. Este resultado sitúaos 5º con 8 puntos.
ALEVÍN Pirata 2-3 EDS Santa Marta
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 27/01 | 18:30h
O Alevín Pirata encaixou a súa segunda derrota do curso, nun partido no que errou máis da conta de cara a portería. Adrián Mayo e Ruy Caamaño conseguiron os tantos brancos, 2º con 25 puntos na clasificación. As mellores FOTOS, AQUÍ.
ALEVÍN Altamirano 5-3 Jogafán Ordes FS
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 28/01 | 11:00h
Cunha gran alegría terminou o seu partido o Alevín Altamirano, que remontou para obter a súa segunda vitoria da temporada, ante o Jogafán Ordes FS. Os tantos de Tiago Rodríguez x3 e Eiden Abrahan x2 valeron para un triunfo que os coloca 6º con 7 puntos. Goza coa GALERÍA de FOTOS, AQUÍ!
BENXAMÍN Pola 2-8 Alto do Vento FS "B"
X1 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 28/01 | 19:00h
Empezou con derrota a segunda fase ligueira o Benxamín Pola, no seu partido contra o Alto do Vento FS "B". Luca Santiago e Tiago Rodríguez foron os autores dos goles.
BENXAMÍN Sarmiento 12-1 UD Estrada FS
X1 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 28/01 | 18:00h
Chegou a primeira vitoria do curso para o Benxamín Sarmiento! Os goles de Aleixo Campos x6, Anxo Priegue, Jorge Abeijón x2, Álvaro Couto e Manuel Dosil x2 deron a gran alegría aos nosos rapaces neste primeiro partido da segunda fase.
PREBENXAMÍN Matheus e Attos 4-0 UD Estrada FS
X1 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 28/01 | 17:00h
O Prebenxamín Matheus e Attos tamén gañou o seu partido na estrea da segunda fase, no seu caso contra o UD Estrada FS por 4-0.
PREBENXAMÍN Machado e Power 0-4 Alto do Vento FS X1 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 28/01 | 12:00h
Non tivo a mesma sorte o Prebenxamín Machado e Power, que perdeu contra o Alto do Vento FS por 0-4 na mañá do domingo. Xa podes ver AQUÍ a GALERÍA.
Comments