Sorte dispar correron os dous equipos que aínda estaban en competición a pasada fin de semana na Escola Deportiva noiesa. Un continuará ata o final, mentres o outro dixo adeus á temporada.
XUVENIL
Triunfo por 6-3 e á final polo ascenso! Os de Daniel Ventoso superaron ao Colegio Liceo no Agustín Mourís, cos tantos de Brais Sueiro, Sito, Jorge González x2, Hugo Romero e Luis Viñas, para gañarse o dereito a loitar polo ascenso a Liga Galega a vindeira fin de semana.
CADETE
Pola súa parte, os de Julio Moreno non puideron pasar do seu debut na Copa de 1ª Autonómica, caendo por 1-7 fronte o La Salle, nun partido que afrontaron lastrados no plantel. Iván Fernández conseguiu o tanto noiés.
Comments