top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Liga Galega FS logra o título de campión e ascende a División de Honra!


Segundo ascenso en dous anos para eo Xuvenil noiés

A Escola Deportiva está de parabéns unha semana máis! Abril pechouse co ascenso de categoría do Xuvenil, que conquistou matematicamente a Liga Galega FS e disputará o próximo curso a Liga de División de Honra. Ademais, tamén se produciu a estrea en competición esta temporada do Biberón.



Hércules FS 5-5 XUVENIL
X27 Liga Galega FS | DOM. 28/04 | 12:00h

Chegáballe co empate aos de Daniel Ventoso, tras a derrota do Pescados Rubén Burela o venres, e tiveron que suar para conseguilo. Os noieses lograron igualar o 4-0 inicial do Hércules FS para, cos goles de Mateo Vázquez x2, Oliver Chenel x2 e Álvaro Fernández, sumar ese punto que os coroou como campións e novo equipo de División de Honra. Parabéns, rapaces, enorme traballo, estamos moi orgullosos de vós!



Club Melide FS 4-2 XUVENIL Rufino
X22 1ª Autonómica - Fase Previa | JUE. 25/04 | 20:30h

O Xuvenil Rufino pecha a primeira fase ligueira na 8ª praza con 19 puntos, despois de caer contra o Club Melide FS por 4-2, cos goles noieses obra de Daniel García e Antonio Sabana.



A Estrada Futsal 3-4 ALEVÍN Pirata
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 28/04 | 11:30h

O Alevín Pirata conseguiu un gran triunfo na pista do Coto Ferreiro de A Estrada por 3-4, grazas aos tantos de Ruy Caamaño, Álex Ferradás x2 e Adrián Mayo, que os deixa na primeira plaza do grupo copeiro con 12 puntos de 12 posibles.



Alto do Vento FS "C" 4-2 ALEVÍN Altamirano
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 27/04 | 16:45h

O Alevín Altamirano estivo a punto de gañar ante o Alto do Vento FS "C", que remontou o marcador na segunda metade. Os goles brancos, de Adrián Vidal. Na táboa son 5º con 6 puntos.



ALEVÍN Pazos 0-6 EDS Santa Marta
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 28/04 | 17:30h

O Alevín Pazos caeu derrotado por 0-6 contra o EDS Santa Marta no Municipal Agustín Mourís, pola 4ª xornada copeira.



Alto do Vento FS "B" 4-2 BENXAMÍN Pola
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | SÁB. 27/04 | 19:15h

O Benxamín Pola non puido repetir vitoria na segunda xornada, tras perder por 4-2 contra o Alto do Vento FS "B". Tiago Rodríguez anotou os dous goles dos noieses, que quedan 4º con 3 puntos.



At. Fátima "B" 4-0 BENXAMÍN Sarmiento
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 27/04 | 19:00h

O Benxamín Sarmiento tamén perdeu, no seu caso ante o Atlético Fátima "B", por 4-0 na segunda xornada de Copa e permanecen na 4ª praza con 3 puntos.



Jogafán Ordes FS 0-2 PB Matheus e Attos X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 27/04 | 10:00h

Vitoria do Prebenxamín Matheus e Attos na segunda xornada copeira contra o Jogafán Ordes FS, que lles fai sumar os seus primeiros puntos e colocarse 4º con 3 puntos.



Jogafán Ordes FS "B" 2-1 PB Machado e Power
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | SÁB. 27/04 | 11:00h

Non tivo a mesma sorte o Prebenxamín Machado e Power, que perdeu por 2-1 contra o Jogafán Ordes FS "B" e queda 4º sen puntuar.



BIBERÓN Nico Rosa 1-2 SD Dubra
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 28/04 | 12:30h

Debutou o Biberón Nico Rosa ante unha gran expectación na grada do Agustín Mourís! Primeiro partido do curso para os máis pequenos da Escola noiesa contra o SD Dubra, nunha gran mañá de fútbol sala base. Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido!




bottom of page