top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Cadete, a un triunfo de ser campión de Liga Galega!



A fin de semana pasada déixanos a un novo equipo noiés a punto de proclamar o campionato de Liga! Así foi a xornada da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


CADETE

O triunfo do Cadete de Liga Galega deixa aos de David Palmas 1º con 57 puntos, a tres de proclamarse campións ligueiros. Os noieses derrotaron por 3-5 en partido da xornada 23 ao Hormigones Laracha O Parrulo "B", con goles de César Calatayud x2, Martín Neo x2 e Álvaro Fernández. Todos a apoiar aos nosos a vindeira fin de semana no Mourís!


INFANTIL

Contundente vitoria do Infantil de Pablo Cardoso para poñer fin ao Grupo 2 da 1ª Autonómica. Os noieses venceron por 10-2 ao AD Codima - Gráficas Esteiro, grazas aos tantos de Héctor Filgueira x3, Carlos Suárez x2, Gabriel Cutrin x3, Isaac Sampedro e Adrián Yáñez. Desta forma, os brancos rematan na 2ª praza con 18 puntos.


ALEVÍN

Non puido o equipo de Iván Insua terminar a Liga con vitoria, despois de caer por 2-4 fronte o FC Meigas. Iván Queiro x2 foi o anotador das dianas dos noieses, que finalizan o torneo 5º con 6 puntos.


BENXAMÍN

O Benxamín saiu derrotado dos seus dous duelos da fin de semana, o do venres de Liga Xogade contra o CF Noia por 4-0, e o do Grupo 2 de 1ª Autonómica contra o Jogafán Ordes FS "B" por 3-0.


PREBENXAMÍN

Derrota por 4-0 o venres en Liga Xogade contra o CF Noia e vitoria por 0-4 o sábado contra o Victoria FC - Furia "A", que os coloca 5º con 16 puntos no Grupo 1 da 1ª Autonómica.

bottom of page