top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | A base despide febreiro!



A Escola Deportiva completou unha nova fin de semana de competición, coa que pechou febreiro, cos seguintes resultados.


XUVENIL

O cadro de Daniel Ventoso suma e segue. Vitoria por 1-6 fronte o Jogafán Ordes FS que lles permite continuar líderes con 3 puntos de vantaxe a falta de 3 xornadas para o final. Hugo Romero x5 e Luis Viñas anotaron os goles do triunfo.


CADETE

O Cadete de Liga Galega de David Palmas encaixou a primeira derrota do curso, na súa visita ao Troula Betanzos FS, por 3-2. Álvaro Fernández e Daniel García foron os autores dos goles noieses. A pesar de caer, os brancos manteñen 5 puntos de diferenza co CP Casás, 2º clasificado, e 7 co Fisober FSF, 3º e que ten un partido menos.


Tampouco puido sumar o Cadete de 1ª Autonómica, que perdeu por 6-0 na cancha do La Salle. Os de Julio Moreno son oitavos con 13 puntos.


INFANTIL

Gran triunfo do Infantil de Pablo Cardoso contra o A Estrada Futsal por 7-0, con dianas de Isaac Sampedro, Gabriel Cutrin x3, Héctor Filgueira, Carlos Suárez e un gol en propia portería. Na táboa do Grupo 2 da 1ª Autonómica, os noieses son segundos con 15 puntos.



ALEVÍN

Os de Iván Insua caeron tanto no seu duelo de Liga Xogade, por 0-4 contra o ED Negreira "A", como no do Grupo 2 de 1ª Autonómica, cun resultado de 0-3 a mans do A Estrada Futsal.


BENXAMÍN

O equipo Benxamín perdeu por 1-4 diante do AD Codima - Acougo o sábado en partido do Grupo 2 de 1ª Autonómica, co tanto noiés obra de Carlos Piñeiro. Na táboa son 6º con 3 puntos. O venres, en Liga Xogade, tampouco puideron superar ao seu rival, caendo por 2-7 contra o ED Negreira "A".


PREBENXAMÍN

No seu dobre compromiso, o cadro Prebenxamín comezou a fin de semana perdendo por 0-2 ante o ED Negreira "A" en Liga Xogade e terminou gañando por 3-0 ao Oroso FS CD en choque do Grupo 1 de 1ª Autonómica, onde ocupa o 5º posto con 13 puntos.

bottom of page