top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Golpe na mesa do Xuvenil de Galega!



A última fin de semana de novembro clausurouse cun balance de 3 vitorias, 2 empates e 6 derrotas nos 11 partidos que disputou a nosa Escola Deportiva.


Pescados Rubén Burela FS 1-4 XUVENIL
X11 Liga Galega | SÁB. 25/11 | 17:00h

Golpe na mesa do equipo Xuvenil de Galega, que derrotou ao líder no seu feudo para asaltar o primeiro posto da clasificación, empatado a 24 puntos cos de Burela, a pesar de contar cun partido pendente por disputar. Os goles do triunfo noiés, obra de Oliver Chenel, Álvaro Fernández e Mateo Varela x2.


Oroso FS CD 10-3 XUVENIL Rufino
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | VIE. 24/11 | 22:10h

Clara derrota para o Xuvenil Rufino no primeiro partido da fin de semana, o aprazado da xornada 4. Os goles, de Nicolás Hermida, Iván Fernández e Roi Castro.


Victoria FC 4-3 XUVENIL Rufino
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 26/11 | 13:00h

Máis cerca estivo de sumar no segundo, o do domingo, pero tamén acabou derrotado o equipo Xuvenil Rufino, a pesar dos tantos de Roi Castro, Nicolás Hermida e Alejandro Hermida. Con ambos resultados, os noieses quedan 9º con 1 punto.


CADETE Lluc 5-1 Club Melide FS
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 26/11 | 12:00h

Regresou á senda do triunfo o Cadete Lluc a costa do Club Melide FS, coas dianas de Joel García x2, Damián Alborés x2 e William Ons. Na clasificación son 5º con 9 puntos.


CD Composala 4-4 CADETE Henrique e Jabá
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 11:00h

Un punto máis para o Cadete Henrique e Jabá, que igualou na súa visita ao CD Composala. Os goles, de Adrián Yáñez x2, Carlos Suárez e Xavi Fernández. Na táboa, son 5º con 5 puntos.


ALEVÍN Pirata 5-1 Alto do Vento FS "C"
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 26/11 | 16:15h

Volta á Liga con sorriso para o Alevín Pirata, que superou ao Alto do Vento FS "C" con rotundidade. Os tantos brancos, de Álex Ferradás, Hugo Tuñas, Nicolás Barreiro e Ruy Caamaño x2. Na clasificación ocupan o 2º posto con 12 puntos.


Atlético Fátima 5-2 ALEVÍN Altamirano
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 19:00h

Non puido o Alevín Altamirano na súa visita ao Atlético Fátima, a pesar de adiantarse no marcador. Os goles noieses foron de Iván Queiro e Adrián Vidal. 6º con 3 puntos quedan os nosos.


AD Codima 13-0 ALEVÍN Pazos
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 26/11 | 12:00h

Derrota clara do Alevín Pazos no seu enfrontamento contra o AD Codima, que non deu opcións aos nosos, 7º con 0 puntos na clasificación.


BENXAMÍN Pola 2-2 Atlético Fátima
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 26/11 | 11:00h

O segundo empate da xornada foi para o Benxamín Pola, que igualou 2-2 co Atlético Fátima, grazas aos tantos de Tiago Rodríguez e Nicolás del Río. Na táboa, son 3º con 10 puntos.


BENXAMÍN Sarmiento 1-5 Oroso FS CD
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 12:00h

Caeu ante o Oroso FS CD o Benxamín Sarmiento, ao que non lle valeu o gol de Aleixo Campos. Ocupan a 6ª praza co casilleiro de puntos aínda por estrear.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos 0-3 Stellae FS - Valga
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 11:00h

Por 0-3 perdeu o Prebenxamín Matheus e Attos ante o Stellae FS - Valga, un resultado que os deixa 4º con 6 puntos.


Comments


bottom of page