top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a fin de semana!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read

Luns, 26/01/2026 · 17:21h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS disputou unha nova xornada, nunha fin de semana marcada pola alerta meteorolóxica que obrigou a aprazar un partido!



CD CompoSala "C" 5-2 XUVENIL
X2 Primeira Futgal FS - Liga Regular 1ª Div. | DOM. 25/01 | 11:05h

O Xuvenil de Julio Moreno cedeu nun igualado duelo fronte ao CD CompoSala "C" por 5-2. Os dous tantos foron obra de Gabriel Cutrin. Tras dous partidos desta fase ligueira, os nosos son 3º con 3 puntos.



CADETE 1-5 FS Pontedeume
X17 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 25/01 | 19:00h

O Cadete de Pablo Cardoso perdeu na casa por 1-5 ante o FS Pontedeume, co seu único gol a cargo de Ruy Caamaño. Na clasificación, os brancos ocupan o 13º posto conn 6 puntos.



INFANTIL vs O Esteo FS
X17 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 24/01 | 18:45h

O Infantil viu aprazado o seu encontro co O Esteo FS, programado para o pasado sábado 24 ás 18:45h e pertencente á 17ª xornada de Preferente Futgal FS, por parte da RFGF debido á alerta meteorolóxica.



INFANTIL 2-7 CD CompoSala
X10 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 25/01 | 17:00h

O Infantil non puido co CD CompoSala, que derrotou aos nosos por 2-7 no Municipal Agustín Mourís. Ambos goles locais foron de Hugo González. Na clasificación, 9º posto con 6 puntos.



ALEVÍN 4-3 Club Melide FS
X10 Primeira Futgal FS | DOM. 25/01 | 11:00h

O Alevín superou ao Club Melide FS por 4-3 nunha igualada contenda na que os nosos sempre levaron a iniciativa no marcador. Os goles brancos naceron das botas de Luca Santiago x3 e Jorge Abeijón. Con este triunfo, os noieses sitúanse 5º con 21 puntos.


AQUÍ, a GALERÍA completa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
AQUÍ, a GALERÍA completa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

AD Codima 10-0 BENX. "A"
X10 Primeira Futgal FS | DOM. 25/01 | 11:00h

O Benxamín "A" perdeu no seu partido fronte ao AD Codima da 10ª xornada de Primeira Futgal FS. Así, na táboa mantense 11º con 3 unidades.



BENX. "B" 3-7 Jogafan Ordes FS
X10 Primeira Futgal FS | DOM. 25/01 | 13:00h

O Benxamín "B" xogou un bo partido pero non puido sumar contra o Jogafan Ordes FS, que prevaleceu por un marcador de 3-7. Os goles noieses correron a cargo de Simón Rodríguez, Antón Vieites e Bruno Veiga. Na clasificación, os brancos son 6º con 16 puntos.


AQUÍ, a GALERÍA completa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
AQUÍ, a GALERÍA completa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

PREBENX. 1-3 Jogafan Ordes FS
X10 Primeira Futgal FS | DOM. 25/01 | 12:00h

O Prebenxamín realizou un gran papel aínda que sen premio contra o Jogafan Ordes FS, vencedor por 1-3. Tras esta xornada, os noieses son 5º con 13 puntos.


AQUÍ, a GALERÍA completa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
AQUÍ, a GALERÍA completa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page