top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Acabouse febreiro!


Luns, 24/02/2025 · 19:15h


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS concluiu febreiro na jornada desta pasada fin de semana con algúns equipos iniciando fases e outros pechándoas!



CADETE Rubi e Douglas 6-3 Victoria FC
X1 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 20:00h

O Cadete Rubi e Douglas iniciou a segunda fase ligueira cun gran triunfo sobre o Victoria FC por 6-3, grazas aos goles de Carlos Suárez x2, Bosco Cameán e Gabriel Cutrin x3. Na táboa sitúanse 1º con 3 puntos.



INFANTIL Pirata 4-0 Club Melide FS "B"
X15 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 19:00h

O Infantil Pirata superou Club Melide FS "B" na última xornada da súa primeira fase ligueira por 4-0. Os tantos noieses foron de Alexis Boo, Ruy Caamaño x2 e Massamba Diop, e pechan en 6ª plaza con 28 puntos.



Jogafán Ordes FS 4-0 ALEVÍN Schütt e Á. García
X1 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 11:00h

O Alevín Schütt e Álex García caeu por 4-0 fronte ao Jogafán Ordes FS, no debut na segunda fase ligueira. 3ª praza sen puntos tras este primeiro partido



Victoria FC "B" 1-7 BENX. Pazos e Altamirano
X14 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 10:30h

O Benxamín Pazos e Altamirano logrou o triunfo por 1-7 contra o Victoria FC "B", en partido da 14ª e última xornada da fase previa de Liga. Tantos brancos de Luca Santiago x3, Álvaro Couto, Emma Túñez e Jorge Abeijón. Os nosos conclúen esta primeira fase 5º con 14 puntos.



Victoria FC 8-0 BENX. Rufino
X14 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 09:30h

O Benxamín Rufino cedeu por 8-0 ante o Victoria FC, en encontro da 14ª e última xornada da fase previa ligueira, a cal acaban en 7º lugar con 7 puntos.



At. Fátima "A" 0-4 PB Diego e Power
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 13:00h

O Prebenxamín Diego e Power gañou por 0-4 ao At. Fátima "A" na 13ª xornada da fase previa ligueira. Sitúanse 4º con 25 puntos.



PB Montero e Iván 4-0 At. Fátima "B"
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 23/02 | 10:00h

O Prebenxamín Montero e Iván tamén gañou por 4-0 o seu partido contra o At. Fátima "B", e é 5º con 22 puntos na clasificación.





コメント


bottom of page