top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Finalizou febreiro con 5 vitorias e 5 derrotas


Celebración dun dos goles do Xuvenil de Liga Galega (foto: Manuel Lorenzo)

A Escola Deportiva puxo fin ao mes de febreiro coa xornada desta pasada fin de semana, que se resolveu con 5 vitorias e 5 derrotas.


XUVENIL 3-0 5 Coruña FS "B" - Mera FS
X20 Liga Galega | DOM. 25/02 | 19:00h

Suma e segue o equipo de Daniel Ventoso, que engadiu unha nova vitoria ao seu historial este domingo, superando nun partido pechado ao 5 Coruña FS "B" - Mera FS por 3-0 no Agustín Mourís. Xavi Souto, Álvaro Fernández e Oliver Chenel lograron os goles do líder con 51 puntos, 6 de vantaxe sobre o segundo, en 18 partidos disputados. A GALERÍA do encontro, AQUÍ.


Jogafán Ordes FS 4-1 XUVENIL Rufino
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 13:30h

O Xuvenil Rufino quedou coas ganas de volver á senda do triunfo. Caeron os noieses na súa visita ao Jogafán Ordes FS por 4-1, co gol branco chegando en propia meta. Na clasificación quedan 7º con 16 puntos.


CADETE Lluc 1-15 Atlético Fátima
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 13:00h

O Cadete Lluc perdeu de maneira contundente ante o líder na última xornada da primeira fase ligueira. Os noieses, cuxo gol anotou Manuel Fernández, acaban esta fase 5º con 14 puntos.


ALEVÍN Pirata 6-1 Club Melide FS
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 25/02 | 13:00h

Os tantos de Ero Baamonde, Álex Balderrábano x2, Álex Ferradás x2 e Hugo Tuñas serviron para o triunfo do Alevín Pirata na última xornada do primeiro tramo ligueiro, o cal finalizan 2º con 28 puntos.


A Estrada Futsal 6-1 ALEVÍN Altamirano
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | VIE. 23/02 | 20:15h

O Alevín Altamirano non puido na súa visita ao líder e perdeu por 6-1, co único gol de Gael González. Finalizan esta primeira fase 6º con 7 puntos.


EDS Santa Marta 13-0 ALEVÍN Pazos
X14 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 11:00h

O Alevín Pazos caeu no seu último partido da fase inicial ligueira contra o EDS Santa Marta.


BENXAMÍN Pola 7-2 Oroso FS CD
X4 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 25/02 | 10:00h

Primeiros tres puntos da segunda fase para o Benxamín Pola, que gañou no seu partido ante o Oroso FS CD por 7-2, coas dianas de Luca Santiago x5, Nicolás del Río e Martín Suárez. Na clasificación son 4º con 3 puntos.


BENXAMÍN Sarmiento 7-2 Oroso FS CD "B"
X4 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 25/02 | 11:00h

Co mesmo resultado gañou no seu encontro ante o Oroso FS CD "B" o Benxamín Sarmiento, grazas aos goles de Aleixo Campos, Jorge Abeijón x2, Manuel Estaire x2 e Álvaro Couto x2. Con esta vitoria, quedan 3º con 7 puntos, empatados cos dous primeiros clasificados.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos 3-1 Jogafán Ordes FS "B"
X4 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 24/02 | 12:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos gañou por 3-1 no seu partido contra o Jogafán Ordes FS "B" e na clasificación é 2º con 9 puntos.


PREBENXAMÍN Machado e Power 0-4 EDS Santa Marta X4 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 25/02 | 12:00h

O Prebenxamín Machado e Power perdeu no seu choque co EDS Santa Marta por 0-4 e na clasificación sitúanse 6º aínda sen puntuar.



bottom of page