top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil fai o dous de dous!



O Xuvenil de Dani Ventoso, ao igual que o Filial, tamén confirmou o seu bo inicio de campaña este domingo no Agustín Mourís, goleando ao Sala Ourense 2014 para sumar 6 puntos dos 6 primeiros posibles nesta 2023/2024.


XUVENIL 9-0 Sala Ourense 2014 | Domingo 24/09 | 12:00h | Municipal Agustín Mourís

Cun marcador de 5-0, o cadro Xuvenil xa tiña gran parte do traballo feito á chegada do descanso, que completou con catro tantos máis na segunda metade. Os autores, Óliver Chenel en tres ocasións, un dobrete de Hugo Romero, outro de Xavi Souto e as dianas de Fernando García e César Calatayud. Os noieses establécense na zona alta da táboa, empatados a 6 puntos con outros catro conxuntos.

bottom of page