Martes, 26/11/2024 · 16:20h | O Cadete Rubi e Douglas adicou o triunfo ao seu lesionado compañeiro Xavi Fernández.
Catro vitorias e catro derrotas na fin de semana de partidos da Escola Deportiva noiesa, que volveu a ser completo unha xornada máis!
Club Melide FS 5-3 XUVENIL Peixe e Garrincha
X5 Primeira Futgal FS | SÁB. 23/11 | 11:00h
O Xuvenil Peixe e Garrincha caeu por 5-3 na súa visita ao Club Melide FS. Os goles noieses foron obra de Joel García, Gabriel Cutrin e Samuel Veiga, e na táboa clasificatoria sitúanse 6º con 4 puntos.
CADETE Rubi e Douglas 6-3 Alto do Vento FS "C"
X6 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 20:00h
O Cadete Rubi e Douglas logrou unha vitoria con adicatoria incluída para un dos seus compañeiros, Xavi Fernández, lesionado recentemente. Os tantos dos brancos conseguíronos Adrián Yáñez x3, Gabriel Cutrin, Manuel Creo e Carlos Suárez. 5º posto na clasificación con 13 puntos para os nosos.
Jogafán Ordes FS 3-6 INFANTIL Pirata e Attos
X5 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 11:30h
O Infantil Pirata e Attos anotouse o triunfo a domicilio fronte ao Jogafán Ordes FS por 3-6, cos goles de Massamba Diop x2, Nicolás Barreiro, Sebastián Franco, Ruy Caamaño e Adrián Vidal. Na clasificación son 4º con 12 puntos.
ALEVÍN Schütt e Á. García 0-5 Alto do Vento FS "B"
X4 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 18:00h
Derrota do Alevín Schütt e Álex García no seu partido contra o Alto do Vento FS "B" por 0-5. Na táboa sitúanse 6º con 9 puntos.
BENX. Pazos e Altamirano 2-4 Alto do Vento FS "B"
X4 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 17:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano tampouco puido puntuar contra o Alto do Vento FS "B", ao perder nun apretado partido por 2-4. Álvaro Couto e Jorge Abeijón marcaron as dianas dun equipo noiés que é 7º aínda sen puntos.
BENX. Rufino e Matheus 0-11 Alto do Vento FS "C"
X4 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 16:00h
O Benxamín Rufino e Matheus perdeu o seu compromiso en casa fronte ao Alto do Vento FS "C" e mantense 6º con 3 puntos.
PB Diego e Power 4-0 At. Fátima "A"
X4 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 24/11 | 12:00h
O Prebenxamín Diego e Power gañou ao Atlético Fátima "A" por 4-0 o pasado domingo 24 e aúpase á 5ª praza con 7 puntos.
At. Fátima "B" 0-4 PB Montero e Iván
X4 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 23/11 | 11:25h
O Prebenxamín Montero e Iván tamén gañou, no seu caso no Municipal de Santa Isabel ante o Atlético Fátima "B" por 0-4 e colócase 3º con 9 puntos.
Comments