top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Triunfo do Henrique e Jabá na final de Cadetes!



A Escola Deportiva noiesa pechou onte domingo outra fin de semana de competición, unha con significado especial, debido á disputa de toda unha final entre dous equipos noieses



Alto do Vento FS "B" 6-3 XUVENIL Rufino
X18 1ª Autonómica - Fase Previa | DOM. 24/03 | 12:00h

O Xuvenil Rufino non puido dar a sorpresa e caeu na súa visita ante o segundo clasificado por 6-3. Hugo Romero, Iván Fernández e Nicolás Hermida lograron os goles noieses, que se sitúan 8º con 16 puntos na táboa.



CADETE Lluc 0-2 CADETE Henrique e Jabá
1ª Autonómica Eliminat. - Final Grupo 1 | DOM. 24/03 | 19:00h

O Cadete Henrique e Jabá levouse o gato á auga e o título de campión do grupo 1 de 1ª Autonómica no duelo noiés! Os goles de Adrián Yáñez e Bosco Cameán decantaron unha igualada final. Estamos moi orgullosos dos dous equipos!



Club Melide FS "B" 8-0 BENXAMÍN Pola
X8 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 23/03 | 12:00h

O Benxamín Pola perdeu por 8-0 na súa visita ao Club Melide FS "B" pola oitava xornada da segunda fase ligueira. Na clasificación son 5º con 6 puntos.



At. Fátima "B" 6-0 BENXAMÍN Sarmiento
X8 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 24/03 | 12:00h

O Benxamín Sarmiento caeu a domicilio contra o Atlético Fátima "B" por 6-0 e é na clasificación 4º con 11 puntos.



Jogafán Ordes FS 3-1 PB Machado e Power X8 1ª Autonómica Liga Regular Título | SÁB. 23/03 | 17:30h

O Prebenxamín Machado e Power perdeu por 3-1 contra o Jogafán Ordes FS e é 6º do seu grupo sen puntos.


bottom of page