RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foron os últimos de abril!
- 1d
- 2 min read

Martes, 28/04/2026 · 10:37h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS terminou abril cos seguintes resultados!
CD CompoSala 8-1 INFANTIL
X21 Primeira Futgal FS | SÁB. 25/04 | 18:15h
O Infantil cedeu ante o CD CompoSala no penúltimo partido ligueiro da temporada. O gol noiés foi de Rodrigo Lamiño. A clasificación déixaos 9º con 12 puntos.
BENX. "A" 2-10 Jogafan Ordes FS "B"
X4 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 1 | VIE. 24/04 | 18:00h
O Benxamín "A" perdeu ante o Jogafan Ordes FS "B", cos seus dous tantos chegando das botas de Brais Dosil. Os nosos son 4º sen puntos tras 4 partidos disputados na Copa.
Alto do Vento FS "B" 2-7 BENX. "B"
X3 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 2 | JUE. 23/04 | 19:00h
O Benxamín "B" comezou a súa serie de tres partidos da fin de semana superando por 2-7 ao Alto do Vento FS "B". Os goles noieses foron obra de Bruno Veiga x5, Eduardo Barreiro e Simón Rodríguez.
BENX. "B" 3-6 AD Codima
X2 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 2 | VIE. 24/04 | 19:30h
O segundo encontro do Benxamín "B" saldouse con derrota por 3-6 ante o AD Codima. Os tantos brancos correron a cargo de Simón Rodríguez e Álex Oviedo x2.
Jogafan Ordes FS 0-2 BENX. "B"
X4 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 2 | SÁB. 25/04 | 11:45h
E no último, o Benxamín "B" gañou por 0-2 ao Jogafan Ordes FS, grazas aos goles de Eduardo Barreiro. Desta maneira, os nosos ascenden á 2ª posición de grupo con 6 puntos.
Jogafan Ordes FS 2-2 PREBENX.
X3 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 1 | SÁB. 25/04 | 12:45h
O Prebenxamín empatou por 2-2 na súa visita ao Jogafan Ordes FS. Así, os nosos sitúanse 2º do Grupo 1 de Copa con 1 punto.





Comments