top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Catro vitorias e tres derrotas



Unha nova fin de semana de actividade para a Escola Deportiva noiesa resolveuse con catro vitorias e tres derrotas. Estes foron os resultados:


XUVENIL

Vitoria de prestixio do equipo de Daniel Ventoso na terceira xornada copeira, contra un dos rivais cos que loitaron o título de Liga gañado hai unhas semanas. O resultado final foi de 3-6, con tantos de Hugo Romero, Roi Castro x2, Fernando García x2 e Luis Viñas. Os noieses son líderes no grupo 2 con 6 puntos de 6 posibles.


CADETE

O Cadete campión de Liga Galega puxo fin ao campionato cun novo triunfo, por 7-2 sobre o CP Casás. Conseguiron os goles Martín Neo, Iván Fernández x2, Roi Castro x2, Fernando García e Hugo Veiga. A carta final do campión presenta uns números fantásticos, con 63 puntos, 20 vitorias, 3 empates e 1 derrota, con 141 goles a favor e 59 en contra.


Tamén logrou o triunfo o Cadete de 1ª Autonómica, que se afianza na oitava praza con 19 puntos ao superar por 0-3 ao Club San Francisco Teo, grazas aos goles de Iván Fernández x2 e Alejandro Hermida.


ALEVÍN

Non puido o Alevín de Iván Insua no seu enfrontamento co Victoria FC "A", que se levou a vitoria por 0-7. Os noieses son terceiros con 3 puntos na táboa do Grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica.


BENXAMÍN

Tampouco foi quen de sumar o Benxamín na súa visita a Padrón, caendo fronte o Stellae FS. Na clasificación do Grupo 1 de Copa continúan cuartos.


PREBENXAMÍN

Sorte dispar para os equipos Prebenxamíns. O "A" venceu por 0-3 na cancha do Bertamiráns CF "A" e ocupa a segunda praza con 3 puntos, empatado co primeiro. Pola súa parte, o "B" caeu por 4-0 fronte o Alto do Vento FS e seguirá terceiro do seu grupo.

bottom of page