top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a primeira xornada ao completo!


O Xuvenil de Galega celebra un dos seus goles (foto: Manuel Lorenzo)

A primeira fin de semana con todos os equipos da Escola Deportiva en competición pechouse cun balance total de 3 vitorias e 5 derrotas, ademais dun duelo entre equipos propios do Club.


XUVENIL 5-0 SDCR Narón O Freixo
X6 Liga Galega | SÁB. 21/10 | 18:15h

Cuarta vitoria seguida para os de Daniel Ventoso, que cociñaron a fogo lento o que ao final acabou sendo un triunfo amplo, coa maioría dos tantos chegando na segunda metade. Xavi Souto, Álvaro Fernández x2, Álex Calvo e Fernando García foron os autores dos goles do Xuvenil de Galega, que, coa retirada do Concello de Begonte FS e a anulación dos seus resultados, manteñen os 12 puntos grazas a esta vitoria, empatados a unidades e partidos co Pescados Rubén Burela FS e Os Meigallos FS, e a 1 punto do 2º e 2 do 1º, que teñen un partido máis disputado. Consulta AQUÍ a GALERÍA do encontro.


AD Codima 4-1 XUVENIL Rufino
X1 1ª Autonómica Fase Previa | DOM. 22/10 | 18:30h

O Xuvenil de Autonómica, por contra, non puido comezar a temporada con bo pé, ao caer derrotado fronte o AD Codima. Daniel García anotou o único gol dos noieses.


CADETE Lluc 4-1 Oroso FS CD "B"
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 21/10 | 16:30h

Vitoria por 4-1 para o Cadete Lluc do grupo 1 de Autonómica no duelo que mantivo na tarde do sábado contra o Oroso FS CD "B". Os goles chegaron por medio de Xoel Canosa x2, Fabio Gesto e en propia meta.


AD Codima 2-4 CADETE Henrique e Jabá
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 22/10 | 16:30h

Tamén saboreou o triunfo o outro Cadete, que disputa o grupo 2 desta fase previa de 1ª Autonómica. A domicilio fronte o AD Codima, os goles de Manuel Creo, Adrián Yáñez x2 e Carlos Suárez valeron para esa primeira vitoria na estrea.


ALEVÍN Pirata 14-1 ALEVÍN Pazos
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 22/10 | 12:00h

No enfrontamento entre dous dos Alevíns noieses, impúxose o Alevín Pirata. Ruy Caamaño x6, Hugo Leis, Álex Balderrábano x4, Nicolás Barreiro e Álex Ferradás x2 anotaron os tantos dos gañadores, mentres que Elena Pérez conseguiu o gol do Alevín Pazos. Consulta AQUÍ a GALERÍA do encontro.


AD Codima "B" 7-1 ALEVÍN Altamirano
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 22/10 | 17:30h

Derrota do Alevín Altamirano no seu debut, diante do AD Codima "B", por 7-1. O gol dos noieses foi obra de Iván Queiro.


Atlético Fátima 3-1 BENXAMÍN Pola
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 22/10 | 12:15h

Daniel Castaño foi o autor do único tanto do Benxamín Pola, que cedeu fronte o Atlético Fátima na súa primeira xornada ligueira.


Oroso FS CD 5-0 BENXAMÍN Sarmiento
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 22/10 | 12:00h

Correu a mesma sorte o Benxamín Sarmiento na súa visita ao Oroso FS CD, que se impuxo por un resultado final de 5-0.


Stellae FS-Valga 4-0 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X1 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 22/10 | 16:30h

E tamén con derrota se saldou a visita do Prebenxamín Matheus e Attos ao Stellae FS-Valga por un marcador final de 4-0.



bottom of page