top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Febreiro dá as súas últimas rabexadas!

  • Feb 23
  • 2 min read

Luns, 23/02/2026 · 22:08h


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS saltou á pista esta pasada fin de semana en todas as súas categorías, excepto a Alevín, con estes marcadores!



CD Laca 3-3 XUVENIL
X5 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 22/02 | 19:30h

O Xuvenil de Julio Moreno igualou por 3-3 ante o CD Laca pola 5ª xornada de competición da Liga Regular de 1ª División en Primeira Futgal FS. Os goles noieses foron obra de Adrián Yáñez, Mateo Castro e Izan Piñeiro. Na clasificación, 3º lugar con 7 unidades.



Casás 7-1 CADETE
X21 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 21/02 | 18:00h

O Cadete de Pablo Cardoso non puido sumar contra o Casás, nun partido que finalizou por 7-1, co único gol noiés obra de Liam Barrio. Na táboa, 13º posto con 9 puntos despois de 21 partidos.



Casás 5-4 INFANTIL
X21 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 22/02 | 11:00h

O Infantil de Iván Fernández cedeu pola mínima (5-4) na súa visita ao Casás da 21ª xornada de Preferente Futgal FS. Os goles noieses correron a cargo de Ruy Caamaño x3 e en propia portería. Tras este resultado, os nosos son 10º con 16 puntos.



INFANTIL 1-11 Alto do Vento FS "B"
X13 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 22/02 | 13:00h

O Infantil perdeu contra o Alto do Vento FS "B" pola 13ª xornada de competición de Primeira Futgal FS. O gol branco anotouno Hugo González. Na táboa, os noieses son 10º con 6 puntos.



BENX. "A" 1-12 Alto do Vento FS "B"
X1 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | DOM. 22/02 | 10:00h

O Benxamín "A" iniciou a fase regular ligueira na súa 2ª División con derrota ante o Alto do Vento FS "B". O gol noiés foi de Brais Dosil. Na táboa, 5º sen puntos.


A Estrada Futsal 1-4 BENX. "B"
X1 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 22/02 | 17:15h

O Benxamín "B" deu comezo á fase regular ligueira na súa 1ª División con triunfo a domicilio contra o A Estrada Futsal por 1-4. As dianas brancas foron de Simón Rodríguez, Antón Vieites e Jose Caamaño. Desta maneira, os nosos son 3º con 3 puntos.



AD Codima "B" 1-2 PREBENX.
X13 Primeira Futgal FS | DOM. 22/02 | 10:00h

O Prebenxamín conseguiu a vitoria por 1-2 na pista do AD Codima, en partido da 11ª data de Primeira Futgal FS. Na táboa sitúanse 4º con 19 puntos.

Comments


bottom of page