RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así se resolve unha extensa xornada!
- 18 minutes ago
- 2 min read

Venres, 27/03/2026 · 21:26h · Imagen: Alejandro Lorenzo
Atípica xornada de cinco días para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, que se decidiu cos seguintes resultados!
Jogafan Ordes FS 4-3 XUVENIL
X9 Primeira Futgal FS - Liga Regular 1ª Div. | VEN. 27/03 | 18:00h
O Xuvenil de Julio Moreno desaproveitou unha vantaxe de 0-3 para acabar perdendo por 4-3 ante o Jogafan Ordes FS. Os tantos noieses foron de Izan Piñeiro x2 e Mateo Castro. Na táboa, 2ª con 13 puntos.
ADC Lugo Sala 10-2 CADETE
X25 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 22/03 | 12:30h
O Cadete de Pablo Cardoso caeu na penúltima xornada ligueira fronte ao ADC Lugo Sala, con resultado final de 10-2. Ambos goles foron obra de Pablo Creo. Na táboa, os nosos son 13º con 9 puntos.
ADC Lugo Sala 3-2 INFANTIL
X25 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 22/03 | 11:00h
O Infantil de Iván Fernández non puido sumar na visita ao ADC Lugo Sala, nun partido que se resolveu pola mínima 3-2 en O Palomar. Fixeron os tantos noieses Ruy Caamaño e un rival en propia portería. Tras este resultado, os noieses sitúanse 12º con 16 puntos.
Jogafan Ordes FS 5-0 INFANTIL
X17 Primeira Futgal FS | VEN. 27/03 | 19:00h
O Infantil saíu derrotado por 5-0 na súa visita ao Jogafan Ordes FS pola 17ª xornada de Primeira Futgal FS. Tras esta xornada, os nosos seguen na 9ª praza con 9 puntos.
Club Melide FS "B" 2-2 ALEVÍN
X17 Primeira Futgal FS | MÉR. 25/03 | 19:15h
O Alevín empatou por 2-2 na pista do Club Melide FS "B" na última xornada ligueira. Anotaron por parte noiesa Tiago Rodríguez e un opoñente en propia porta, sumando 1 punto que deixa aos nosos 5º con 31 puntos na táboa final.
Victoria FC "B" 7-3 BENX. "A"
X5 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | SÁB. 21/03 | 19:00h
O Benxamín "A" perdeu por 7-3 como visitante contra o Victoria FC "B", no que foi a última xornada da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS. Os tantos brancos conseguiunos Alexander Santos. Así, os nosos pecharon esta fase final ligueira 5º con 1 punto.
BENX. "B" 1-2 Jogafan Ordes FS
X5 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | VEN. 27/03 | 19:30h
O Benxamín "B" concluiu a fase ligueira cedendo por 1-2 na casa ante o Jogafan Ordes FS. O único tanto noiés foi de Antón Vieites. Os nosos pechan cun 5º posto con 3 puntos.
Alto do Vento FS "B" 1-3 PREBENX.
X17 Primeira Futgal FS | XOV. 26/03 | 19:00h
O Prebenxamín gañou na súa visita ao Alto do Vento FS "B" por 1-3, en partido da xornada 17 de Primeira Futgal FS. Na táboa, os nosos son 5º con 22 puntos.





Comments