RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a xornada!
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 2 min read

Luns, 24/11/2025 · 17:44h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS asinou estes resultados nunha nova finde de partidos que queda atrás!
CD CompoSala "C" 0-3 XUVENIL
X5 Primeira Futgal FS - Fase Previa | DOM. 23/11 | 11:10h
O Xuvenil de Julio Moreno superou por 0-3 ao CD CompoSala "C", grazas aos goles de Gabriel Cutrin x2 e Ismael Martínez. Na clasificación, os noieses son 4º con 7 puntos.
Troula Betanzos FS 7-1 CADETE
X11 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 22/11 | 17:30h
O Cadete de Pablo Cardoso caeu por 7-1 na casa do Troula Betanzos FS. O único gol dos noieses, que son 12º con 6 puntos, anotouno Massamba Diop.
Troula Betanzos FS 6-2 INFANTIL
X11 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 22/11 | 20:00h
O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua non puido sumar na súa visita ao Troula Betanzos FS, que se impuxo por 6-2. Os dous goles brancos foron de Fabio Mayán e Manuel Fernández. Na táboa sitúanse 13º con 4 puntos.
INFANTIL 2-8 Victoria FC
X4 Primeira Futgal FS | DOM. 23/11 | 19:30h
O Infantil cedeu por 2-8 ante o Victoria FC na cuarta xornada ligueira. Os dous tantos noieses conseguíronos Rodrigo Lamiño e Hugo González. Na clasificación, 9º posto con 3 puntos.
BENX. "A" 1-12 Jogafan Ordes FS
X4 Primeira Futgal FS | DOM. 23/11 | 18:15h
O Benxamín "A" perdeu fronte ao Jogafan Ordes FS pola cuarta data de Primeira Futgal FS. O seu único gol convertiuno Javier Dosil. Na clasificación ocupan o 9º lugar con 3 unidades.
Alto do Vento FS 13-0 BENX. "B"
X4 Primeira Futgal FS | SÁB. 22/11 | 17:00h
O Benxamín "B" perdeu contra o Alto do Vento FS. Os noieses son 6º con 7 puntos na táboa clasificatoria.
PREBENX. 2-2 AD Codima "B"
X4 Primeira Futgal FS | DOM. 23/11 | 17:00h
O Prebenjamín empatou por 2-2 contra o AD Codima "B" e tras catro partidos de Primeira Futgal FS sitúase 4º con 7 puntos.











Comments