top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Sen marcadores positivos


A fin de semana da Escola Deportiva noiesa finalizou sen vitorias e con algunhas categorías terminando a temporada ou competicións.


XUVENIL

Cruel final na Copa para o Xuvenil, que, despois de empatar 3-3 cos tantos de Jorge González x2 e Brais Sueiro, caeron na tanda de penaltis por 2-4, quedando ás portas da final. Os de Daniel Ventoso xa pensan na fase de ascenso, que arranca a vindeira fin de semana.


CADETE

Os de Julio Moreno puxeron fin á Liga de 1ª Autonómica como 8º con 25 puntos. Goles noieses de Joel García e Damián Alborés na derrota na cancha do Stellae FS "B". O seguinte para o equipo Cadete de Autonómica é a Copa.


INFANTIL

O Infantil caeu por 8-2 na pista do Stellae FS "B". Os dous goles dos noieses, que rematan a Copa 2º de grupo con 6 puntos e sen lograr pasar á ronda de cuartos de final, foron de Gabriel Cutrin.


ALEVÍN

Tanto de Isaac Martínez na derrota do Alevín de Iván Insua fronte o Stellae FS "B", que deixa aos noieses fóra da Copa, tras sumar 6 puntos e finalizar 3º de grupo.


BENXAMÍN

Perdeu o Benxamín na súa visita ao Victoria FC - Dinos "C" por 4-0, derrota coa que pon fin ao seu concurso no torneo copeiro.


BIBERÓN

Tamén remata a temporada para o Biberón, que despois de caer contra o Bertamiráns CF por 4-2, termina 3º de grupo con 4 puntos na Copa.

bottom of page