top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Tres equipos avanzan de ronda nas eliminatorias!



A primeira fin de semana de marzo da base noiesa comezou con novas xornadas ligueiras en caso de varios equipos e, para outros, o inicio das eliminatorias finais, cos seguintes resultados.


SDCyR Narón O Freixo "A" 3-9 JUVENIL
X21 Liga Galega | DOM. 03/03 | 13:00h

Unha máis para o líder da Liga Galega FS, que soubo remontar un marcador adverso e acabou goleando na súa visita á pista do SDCyR Narón O Freixo, grazas aos goles de Oliver Chenel, Miguel Romero x2, Mateo Varela, Xavi Souto x4 e Roi Castro. 54 puntos de 57 posibles para os de Daniel Ventoso, que continúan facendo unha temporada de matrícula.


XUVENIL Rufino 3-7 Oroso FS CD
X15 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 20:00h

O Xuvenil Rufino non puido co líder de grupo de 1ª Autonómica. Os noieses caeron por 3-7 ante o Oroso FS CD, cos 3 goles noieses levando a firma de Hugo Romero. Os nosos son 7º con 16 puntos na táboa.


CADETE Henrique e Jabá 4-3 Oroso FS CD "B"
1ª Autonómica Eliminatorias - 1/4 de final Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 19:00h

O Cadete Henrique e Jabá avanza ás semifinais do grupo 1 de 1ª Autonómica tras eliminar ao Oroso FS CD "B" por 4-3. Os tantos correron a cargo de Bosco Cameán, Adrián Yáñez x2 e Mateo Castro.


ALEVÍN Pirata 9-0 Atlético Fátima
1ª Autonómica Eliminatorias - 1/4 de final Título | DOM. 03/03 | 17:00h

O Alevín Pirata puxo rumbo ás semifinais na loita polo título de 1ª Autonómica ao gañar por 9-0 ao Atlético Fátima. Goles de Álex Balderrábano, Álex Ferradás, Ruy Caamaño x2, Hugo Leis, Gorka Tomé, Nicolás Barreiro, Hugo Tuñas e en propia portería.


ALEVÍN Altamirano 8-0 ALEVÍN Pazos
1ª Autonómica Eliminatorias - 1/4 de final Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 18:00h

No duelo entre alevíns noieses, o Alevín Altamirano saiu gañador e xogará as semifinais do grupo 1 de 1ª Autonómica. Os goles do partido foron de Manuel Nimo x2, Iván Queiro x3 e Tiago Rodríguez x3.


EFS Trasgos "A" 3-14 BENXAMÍN Pola
X5 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 03/03 | 10:00h

O Benxamín Pola gañou no seu partido ante o EFS Trasgos "A" por 3-14 cos goles de Nicolás del Río x3, Luca Santiago x4, Tiago Rodríguez x3, Diego Blanco x2, Daniel Castaño e Teo Louro. Na clasificación son 4º con 6 puntos.


AD Codima "B" 6-2 BENXAMÍN Sarmiento
X5 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 03/03 | 19:30h

O Benxamín Sarmiento perdeu na súa visita ao AD Codima "B". Os goles do equipo noiés, de Jorge Abeijón e Aleixo Campos. Os nosos ocupan a 4ª praza con 7 puntos.


Atlético Fátima "A" 1-2 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X5 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 02/03 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos gañou por 1-2 na súa visita ao Atlético Fátima "A". Con este triunfo colócanse 1º con 12 puntos.


AD Codima 2-0 PREBENXAMÍN Machado e Power X5 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 03/03 | 18:30h

O Prebenxamín Machado e Power perdeu na súa visita ao AD Codima e na clasificación son 6º sen puntos.



bottom of page