Balance de 3 vitorias e 7 derrotas para a Escola Deportiva noiesa na primeira xornada de partidos do mes de decembro, con especial atención ao triunfo do Xuvenil.
XUVENIL 8-7 Hércules FS
X12 Liga Galega | DOM. 03/12 | 19:00h
Por cuestión de segundos non se lle escapou ao Xuvenil noiés un partido que semellaba ter controlado desde o inicio da segunda parte. Máis concretamente por un segundo, o que restaba cando os de Daniel Ventoso lograron o 8-7 definitivo, despois de que os visitantes demostraran a súa condición de equipo da zona alta empatando un 7-3 adverso. Con estes importantes tres puntos, conseguidos cos tantos de Oliver Chenel x2, Xavi Souto x3, Álvaro Fernández, Mateo Vázquez e un en propia portería, os nosos seguen líderes de Liga Galega Xuvenil, empatados a 27 puntos co Pescados Rubén Burela FS, aínda que cun partido pendente que disputarán este mércores en Vilalba.
XUVENIL Rufino 1-2 Alto do Vento FS "B"
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/12 | 12:00h
Caeu derrotado o Xuvenil Rufino pola mínima ante un dos cadros situados arriba na clasificación, a pesar do tanto de Daniel García. Oos noieses son 9º con 1 punto.
Atlético Fátima 16-0 CADETE Lluc
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 20:30h
Duro partido para o Cadete Lluc, que encaixou un marcador moi negativo na súa visita ao Atlético Fátima. Os brancos son 5º con 9 puntos na clasificación.
Club Melide FS 2-9 ALEVÍN Pirata
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/12 | 19:00h
Novo triunfo do Alevín Pirata, que derrotou en Melide ao Club Melide FS por 2-9 cos goles de Álex Balderrábano x4, Ruy Caamaño, Álex Ferradás, Hugo Tuñas x2 e Gorka Tomé. Os nosos continúan sendo os máximos perseguidores dos líderes, 2º con 15 puntos.
ALEVÍN Altamirano 3-9 A Estrada Futsal
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 11:00h
Recibía ao líder o Alevín Altamirano, e aínda que o tentou, non puido sacar ningún punto. Os tantos brancos correron a cargo de Gael González x2 e Eiden Abrahan. Posto 6º con 3 puntos na táboa para os nosos.
ALEVÍN Pazos 0-10 EDS Santa Marta
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 02/12 | 13:00h
Perdeu o Alevín Pazos no seu encuentro co EDS Santa Marta, por un resultado final de 0-10. 7ª posición co casilleiro de puntos por estrear, finalizada esta primeira volta da fase previa ligueira.
Jogafán Ordes FS "B" 2-13 BENXAMÍN Pola
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 16:00h
Ampla vitoria do Benxamín Pola ante o Jogafán Ordes FS "B", coas dianas de Luca Santiago x2, Diego Suárez x2, Tiago Rodríguez x6, Teo Louro e Nicolás del Río x2. Na clasificación sitúanse 3º con 13 puntos.
Alto do Vento FS 12-1 BENXAMÍN Sarmiento
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 03/12 | 11:30h
Non correu a mesma sorte o Benxamín Sarmiento, que, co único gol de Aleixo Campos, perdeu na súa visita ao Alto do Vento FS e manténse 6º sen puntos.
AD Codima 2-1 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 18:00h
Derrota pola mínima do Prebenxamín Matheus e Attos ante o AD Codima. Na táboa son 5º con 6 puntos.
Jogafán Ordes FS 1-2 PREBENXAMÍN Machado e Power X7 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 02/12 | 17:00h
Triunfo do Prebenxamín Machado e Power por 1-2 na súa visita ao Jogafán Ordes FS. Na clasificación ocupan o 2º lugar con 8 puntos.
Comentários