top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores copeiros!

  • 6 days ago
  • 2 min read

Martes, 21/04/2026 · 17:16h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS gozou dunha fin de semana de moita acción, sobre todo copeira!



A Estrada Futsal FS 5-4 XUVENIL
X2 Copa Primeira Futgal FS - Grupo 2 | DOM. 19/04 | 12:00h

O Xuvenil de Julio Moreno caeu por 5-4 nun igualado partido no Municipal Coto Ferreiro fronte ao A Estrada Futsal. Os tantos noieses foron de Samuel Veiga, Izan Piñeiro, Lorenzo Rougier e Bruno Regos. Na táboa, tras dúas xornadas, os nosos quedan aínda 1º con 3 puntos.



CADETE 4-6 ADC Lugo Sala
X3 Copa Preferente Futgal FS - Subgr. 1D | DOM. 19/04 | 18:00h

O Cadete de Pablo Cardoso cedeu por 4-6 na visita do ADC Lugo Sala da terceira xornada do Subgrupo 1D copeiro. Os seus goles levaron a sinatura de Bruno Regos, Xavi Fernández, Lorenzo Rougier e Massamba Diop. Os noieses terminan o Subgrupo 1D 3º de grupo sen puntos.



5 Coruña FS 4-1 INFANTIL
X3 Copa Preferente Futgal FS - Subgr. 1B | DOM. 19/04 | 19:00h

O Infantil de Iván Fernández non puido sumar na súa visita ao 5 Coruña FS, correspondente á xornada 3 do Subgrupo 1B da Copa Preferente Futgal FS. O gol noiés, obra de Hugo Tuñas. Pechan a súa participación no Subgrupo 1B 4º sen puntos.



INFANTIL 5-1 EFS Rodeiro
X20 Primeira Futgal FS | DOM. 19/04 | 10:30h

O Infantil superou por 5-1 ao EFS Rodeiro no seu partido da 20ª xornada do campionato ligueiro, grazas aos goles de Hugo González x2 e Rodrigo Lamiño x3. Na táboa, ocupan a 9ª posición con 12 puntos.



A Estrada Futsal 0-9 ALEVÍN
X3 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 5 | DOM. 19/04 | 10:30h

O Alevín conseguiu un gran resultado na pista de A Estrada Futsal, onde se fixo coa vitoria a través das dianas de Anxo Priegue, Álvaro Couto x4, Eduardo Barreiro, Jorge Abeijón, Álex Oviedo e Luca Santiago. Con estes tres puntos, inauguran a súa conta e colócanse 2º no grupo copeiro.



PREBENX. 0-1 Club Melide FS
X2 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 1 | DOM. 19/04 | 16:00h

O Prebenxamín perdeu pola mínima ante o Club Melide FS, no seu choque da segunda xornada do Grupo 1 da Copa Primeira Futgal FS. Así, os nosos son 2º de grupo sen puntos.

Comments


bottom of page