top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Galega, campión de inverno


Celebración dun dos tantos do Xuvenil de Liga Galega FS. (foto: Manuel Lorenzo)

Vitorias dos dous conxuntos de xuvenil nunha fin de semana no que catro equipos terminaron a primeira fase da súa competición liguera.


XUVENIL 7-0 Campito Chapela FS
X15 Liga Galega | DOM. 21/01 | 12:30h

De maneira contundente logrou o triunfo o Xuvenil de Liga Galega FS, da que é campión de inverno tras finalizar a primeira volta 1º con 39 puntos e 6 de diferenza sobre o segundo, ante o Campito Chapela FS. Porén, non foi ata o 3-0, ben entrada a segunda metade, que os noieses romperon o partido definitivamente. Anotaron os goles Oliver Chenel x2, Álvaro Fernández x2, Fernando García, Hugo Veiga e César Calatayud. A GALERÍA, AQUÍ.


Oroso FS CD "B" 2-6 XUVENIL Rufino
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | VEN. 19/01 | 22:15h

Cumpriu o refrán o Xuvenil Rufino, e tras as súas dúas primeiras vitorias do curso, chegou a terceira seguida. Os noieses remontaron o 1-0 inicial para impoñerse cos tantos de Iván Fernández, Hugo Romero, Roi Castro x3 e Daniel Gómez. Agora, ocupan a 8ª praza con 10 puntos.


CADETE Lluc 1-8 La Salle
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 20/01 | 19:00h

Derrota do Cadete Lluc no seu partido ante La Salle. O gol noiés, obra de Jorge Outón. 6ª posición con 10 puntos na clasificación, a falta de catro xornadas para terminar esta fase ligueira.


Jogafán Ordes FS 10-0 CADETE Henrique e Jabá
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 21/01 | 12:00h

Tamén caeu o Cadete Henrique e Jabá, na súa visita ao Jogafán Ordes FS. Tamén con catro partidos restantes, ocupan a 7ª praza con 5 puntos.


AD Codima 3-3 ALEVÍN Pirata
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 20/01 | 20:00h

No enfrontamento entre 1º e 2º, reinou finalmente a igualdade que deixa as cousas como estaban. Álex Ferradás x2 e en propia portería, os goles dos noieses, empatados no máis alto a 22 puntos co AD Codima, que ten un partido pendente.


EFS Rodeiro 3-2 ALEVÍN Altamirano
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | VEN. 19/01 | 19:00h

Non puido sacar puntos o Alevín Altamirano no seu partido contra o EFS Rodeiro, que se impuxo por 3-2. Os dous goles brancos anotáronos Iván Queiro e Gael González. Na táboa, mantéñense 6º con 4 puntos.


ALEVÍN Pazos 2-11 Club Melide FS
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 21/01 | 11:00h

Tamén terminou en derrota o encontro do Alevín Pazos, a pesar dos goles de Iker Filgueira e en propia portería. Na clasificación, son 7º aínda sen puntos. GALERÍA do partido, AQUÍ.


AD Codima 10-1 BENXAMÍN Pola
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 21/01 | 13:15h

O Benxamín Pola finaliza esta primeira fase ligueira en 3ª posición con 19 puntos, despois de perder contra o AD Codima. O gol noiés, de Diego Suárez.


AD Codima "B" 8-1 BENXAMÍN Sarmiento
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 21/01 | 12:00h

En 6ª posición e sen puntuar termina a súa fase o Benxamín Sarmiento, despois do partido deste domingo contra o AD Codima "B". O único gol dos brancos, de Aleixo Campos.


EDS Santa Marta 4-0 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 20/01 | 17:00h

Con derrota por 4-0 ante EDS Santa Marta concluiu o Prebenxamín Matheus e Attos a primeira fase 5º con 9 puntos na clasificación.


Alto do Vento FS 3-0 PREBENXAMÍN Machado e Power X10 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 20/01 | 12:00h

Pola súa parte, o Prebenxamín Machado e Power acabou 2º con 14 puntos, despois de perder co 1º no último partido desta fase ligueira.





Comments


bottom of page