top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Liga Galega FS achégase ao ascenso!


(foto: Pichero)

Cinco victorias e cinco derrotas nesta pasada xornada da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, con claro protagonismo para o Xuvenil de Liga Galega FS.



XUVENIL 3-0 Pescados Rubén Burela FS
J26 Liga Galega FS | SÁB. 20/04 | 13:00h

O equipo de Daniel Ventoso deu outro bocado importante ao título de Liga Galega FS ao superar por 3-0 ao seu máximo perseguidor, o Pescados Rubén Burela FS, e establecer unha vantaxe de 8 puntos a falta de 4 partidos. Os noieses lograron abrir fenda no marcador nunha gran primeira metade, grazas ao hat-trick de Álvaro Fernández, e souberon xestionala encabezados por actuacións brillantes dos seus porteiros, Lucas Liñares e Raúl Mosquera. A GALERÍA do partido, AQUÍ.



XUVENIL Rufino 6-1 Oroso FS CD "B"
X21 1ª Autonómica - Fase Previa | DOM. 21/04 | 13:00h

O Xuvenil Rufino regresou á senda do triunfo goleando ao Oroso FS CD "B" por 6-1, cos goles de Roi Castro, Nicolás Hermida, Iván Fernández, Jose Prego x2 e Daniel García. Os brancos mantéñense 8º con 19 puntos a falta dunha xornada.



CD CompoSala 4-3 CADETE Henrique e Jabá
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 20/04 | 11:00h

O Cadete Henrique e Jabá non puido lograr o triunfo na terceira xornada copeira, a pesar de tomar a dianteira no marcador, xa que os locais remontaron para levarse o partido por 4-3. Os goles noieses, de Samuel Veiga, Mateo Castro e Ismael Martínez. Na táboa permanecen 4º con 3 puntos.



ALEVÍN Pirata 14-1 EFS Rodeiro
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 21/04 | 12:00h

O Alevín Pirata sumou unha nova vitoria ao gañar por 14-1 ao EFS Rodeiro. Os tantos noieses foron obra de Hugo Tuñas x4, Álex Balderrábano x2, Ero Baamonde, Álex Ferradás x2, Adrián Mayo x4 e Gorka Tomé. Os nosos encabezan a táboa con 9 puntos.



ALEVÍN Altamirano 1-9 A Estrada Futsal
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | VEN. 19/04 | 21:30h

O Alevín Altamirano viu a súa xeira de vitorias freadas ao caer co A Estrada Futsal por 1-9. O gol branco convertiuno Iván Queiro. Na clasificación mantéñense 3º con 6 puntos.



Alto do Vento FS "B" 9-0 ALEVÍN Pazos
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 21/04 | 10:00h

O Alevín Pazos perdeu por 9-0 no seu partido fronte ao Alto do Vento FS "B" disputado no Pavillón Municipal de Restollal.



BENXAMÍN Pola 8-2 Oroso FS CD "B"
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | DOM. 21/04 | 10:00h

O Benxamín Pola superou ao Oroso FS CD "B" por 8-2 no seu debut na Copa, cos tantos de Daniel Castaño, Tiago Rodríguez x3, Nicolás del Río, Martín Suárez e Luca Santiago x2.



BENXAMÍN Sarmiento 6-4 Oroso FS CD
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 21/04 | 11:00h

O Benxamín Sarmiento tamén iniciou o seu episodio copeiro gañando, no seu caso por 6-4 ao Oroso FS CD. Os goles, de Aleixo Campos x6.



PB Matheus e Attos 0-2 Stellae FS - Valga X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 21/04 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos perdeu por 0-2 co Stellae FS - Valga no seu debut no grupo 1 de Copa.



PB Machado e Power 0-2 At. Fátima "A"
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 21/04 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power tamén perdeu por 0-2 no Municipal Agustín Mourís, no seu caso ante o Atlético Fátima "A", no que foi a súa estrea no grupo 2 de Copa.




bottom of page