top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Triplete de vitorias na estrea!


Luns, 21/10/2024 · 19:45h · O Cadete Rubi e Douglas gañou en Roxos.


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS empeza a competición cun tres de tres! Ademais do triunfo do Xuvenil de División de Honra, os outros dous conxuntos que comezaron os seus partidos esta pasada fin de semana tamén lograron a vitoria!



AD Codima 0-6 JUVENIL Peixe e Garrincha
X1 Primeira Futgal FS | DOM. 20/10 | 10:15h

Inmellorable maneira para empezar os partidos a do Xuvenil Peixe e Garrincha. Os nosos gañaron ao AD Codima en Monte dos Postes por 0-6, grazas aos tantos de Isaac Sampedro, Joel García, Hugo Veiga x2, Ismael Martínez e Carlos Suárez.



CD CompoSala 2-7 CADETE Rubi e Douglas
X1 Primeira Futgal FS | SÁB. 19/10 | 11:00h

Os noieses do Cadete Rubi e Douglas tamén venceron na estrea de forma ampla, no seu caso por 2-7 sobre o CD CompoSala no Carmen Estévez de Roxos. Os goles, obra de Adrián Yáñez, Carlos Suárez, Mateo Castro, Bosco Cameán x2, Isaac Sampedro e en propia porta.

Comments


bottom of page