top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores dunha nova xornada!


Luns, 20/01/2025 · 11:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS disputou esta pasada fin de semana unha nova xornada de partidos, con 2 vitorias, 1 empate, 4 derrotas e 1 aprazado como resultados!



XUVENIL Peixe e Garrincha 1-4 CD CompoSala "B"
X10 Primeira Futgal FS | DOM. 19/01 | 19:00h

O Xuvenil Peixe e Garrincha caeu na visita do CD CompoSala "B" ao Municipal Agustín Mourís por 1-4, co gol noiés obra de Carlos Suárez. Na clasificación son 6º con 8 puntos.



CADETE Rubi e Douglas 1-2 Alto do Vento FS "B"
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 10:00h

O Cadete Rubi e Douglas non puido sumar nun axustado partido ante o Alto do Vento FS "B", que se impuxo por 1-2. O autor do gol branco foi Xavi Fernández. Na clasificación os nosos quedan 8º con 16 puntos.


FC Meigas vs INFANTIL Pirata
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 16:00h

O duelo Infantil Pirata e Attos contra o FC Meigas foi aprazado, e a súa disputa queda pendente para unha nova data.



ALEVÍN Schütt e Á. García 2-2 Alto do Vento FS "C"
X9 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 19/01 | 18:00h

O Alevín Schütt e Álex García empatou no seu partido contra Alto do Vento FS "C" por 2-2, cos tantos de Adrián Mayo. Con este punto, os nosos mantéñense 5º con 16 puntos.



Club Melide FS 9-0 BENX. Pazos e Altamirano
X9 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 18:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano perdeu no seu partido contra o Club Melide FS por 9-0. Na táboa, os nosos son 7º con 4 puntos.



A Estrada Futsal 1-5 BENX. Rufino e Matheus
X9 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 12:15h

O Benxamín Rufino e Matheus logrou unha gran vitoria na pista do A Estrada Futsal por 1-5, grazas aos goles de Alexander Santos, Mateo Alcalde, Luca Pérez x2 e Antonio Rodríguez. Na clasificación os noieses son 7º con 6 puntos.



Victoria FC "B" 1-3 PB Diego e Power
X8 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 18/01 | 16:45h

O Prebenxamín Diego e Power conseguiu os tres puntos no seu encontro fronte ao Victoria FC "B", con resultado final de 1-3. Na táboa son 3º con 16 puntos.



PB Montero e Iván 0-3 AD Codima
X8 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 19/01 | 17:00h

O Prebenxamín Montero e Iván perdeu por 0-3 no seu partido ante o AD Codima e mantense 4º con 16 puntos na clasificación tras 8 partidos.





Commentaires


bottom of page