top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Galega segue coa súa xeira



Unha nova xornada da Escola Deportiva tocou ao seu fin, coa maioría de resultados negativos e só un triunfo, o do Xuvenil de Galega.


XUVENIL 6-3 Os Meigallos FS
X10 Liga Galega | DOM. 19/11 | 17:30h

O Xuvenil de Galega certificou un novo triunfo na tarde de domingo frente a Os Meigallos FS, que acabou claudicando ante o bo facer dos noieses. Oliver Chenel x2, Mateo Vázquez, Álvaro Fernández, Xavi Souto e Fernando García anotaron os goles dos de Dani Ventoso, que son 3º a 3 puntos do líder cun partido menos.


AD Codima "B" 5-2 CADETE Lluc
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 18/11 | 16:50h

Derrota do Cadete Lluc na súa visita ao AD Codima "B". Os dous goles noieses foron obra de Xoel Canosa. Na táboa ocupan a 5ª praza con 6 puntos.


CADETE Henrique e Jabá 3-6 Alto do Vento FS
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 18/11 | 17:00h

A pesar de empezar gañando, o Cadete Henrique e Jabá terminou cedendo no seu enfrontamento co Alto do Vento FS por 3-6. Os goles dos brancos correron a cargo de Carlos Suárez e Adrián Yáñez. Na clasificación quedan 5º con 4 puntos.


ALEVÍN Altamirano 4-13 Alto do Vento FS "B"
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 19/11 | 11:00h

Derrota clara do Alevín Altamirano na casa frente ao Alto do Vento FS "B". Tantos noieses de Iván Queiro, Adrián Vidal x2 e en propia portería. Tras este resultado, permanecen 6º con 3 puntos na clasificación.


ALEVÍN Pazos 0-9 Jogafán Ordes FS "B"
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 19/11 | 10:00h

Caeu tamén o Alevín Pazos no duelo contra o Jogafán Ordes FS "B", o domingo pola mañá no Mourís. Na clasificación son 7º aínda sen puntos.


BENXAMÍN Pola 1-11 AD Codima
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 19/11 | 12:00h

Cortouse a boa racha do Benxamín Pola, que perdeu fronte ao AD Codima. O gol noiés, obra de Tiago Rodríguez. Na táboa son 3º con 9 puntos.


BENXAMÍN Sarmiento 1-11 AD Codima "B"
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 19/11 | 13:00h

A mesma suerte correu o Benxamín Sarmiento, caendo a pesar do gol de Aleixo Campos. Ocupan a 6ª praza aínda sen puntuar no seu grupo.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos 0-4 EDS Santa Marta
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 18/11 | 18:15h

Derrota do Prebenxamín Matheus e Attos no seu partido contra o EDS Santa Marta. Na clasificación quedan 4º con 6 puntos.


PREBENXAMÍN Machado e Power 0-4 Alto do Vento FS
X5 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 18/11 | 16:00h

Derrota do Prebenxamín Machado e Power no seu partido contra o Alto do Vento FS. Na clasificación quedan 3º con 5 puntos.



Comments


bottom of page