O Xuvenil cumpriu os prognósticos e cantou campión de Liga da 1ª Autonómica! Iso e máis sucedeu esta pasada fin de semana na xornada da Escola Deportiva noiesa.
XUVENIL
Como era de prever, o Xuvenil de Daniel Ventoso conquistou o título incluso antes de xogar o seu último partido de Liga regular. Xa como campións saltaron os noieses á pista do A Estrada Futsal, ao que superaron por 0-7, con tantos de Eloy Gerpe x3, Álex Calvo, Hugo Vieites x2 e Lucas Pardo.
CADETE
Un paso máis para o título deu tamén o Cadete de Liga Galega, vencendo con solvencia ao AJ Pombo Hércules FS por 6-2. Anotaron Álvaro Fernández x2, Miguel Romero x2 e Fernando García x2. Os de David Palma son líderes con 54 puntos, sete máis que o Fisober FSF (que ten un partido menos) a falta de catro xornadas.
O Cadete de 1ª Autonómica non puido co AD Codima, que se levou o triunfo por 1-6. Adrián Yáñez foi o goleador dos de Julio Moreno, que se sitúan 8º con 13 puntos na táboa.
ALEVÍN
Despois da derrota do venres en Liga Xogade fronte o ED Os Miudos "B" por 5-11, os de Iván Insua recuperáronse gañando por 6-2 ao EFS Trasgos no partido aprazado da xornada 4 do Grupo 2 de 1ª Autonómica. Os goles noieses foron obra de Adrián Vidal x2, Iván Queiro x2, Nicolás Barreiro e Isaac Martínez. Na clasificación son 5º con 6 puntos.
BENXAMÍN
O Benxamín tamén caeu en Liga Xogade, por 5-7 fronte o ED Os Miudos "B". No Grupo 2 de 1ª Autonómica tampouco houbo sorte, sendo derrotados polo Club Melide FS "B" por 5-2. Os goles brancos foron de Martín Suárez e Carlos Piñeiro. Na clasificación os noieses sitúanse 6º con 6 puntos.
PREBENXAMÍN
Derrota do Prebenxamín contra o Club Melide FS por 2-3, na antepenúltima xornada do Grupo 1 da 1ª Autonómica. Na clasificación os nosos son 5º con 13 puntos.
Comments