top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Variada fin de semana!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jan 19
  • 2 min read

Luns, 19/01/2026 · 19:07h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS asinou unha xornada con alternativas para os seus equipos cos seguintes marcadores!



XUVENIL 5-4 A Estrada Futsal
X1 Primeira Futgal FS - Liga Regular 1ª Div. | SÁB. 17/01 | 11:00h

O Xuvenil de Julio Moreno estreou a fase regular ligueira cunha vitoria con remontada incluída ante o Jogafan Ordes FS por 5-4. Os brancos viron porta a través de Bruno Regos, Massamba Diop e Adrián Yáñez x3. Así, colócanse 2º con 3 puntos nun grupo de 5 equipos.



Galicia Gaiteira 13-3 CADETE
X16 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 18/01 | 16:30h

O Cadete de Pablo Cardoso caeu a domicilio fronte ao Galicia Gaiteira, nun partido onde polos noieses anotaron Leonardo Scavio e Bruno Regos x2. Na clasificación, os nosos mantéñense 13º con 6 puntos.



EFS Rodeiro 1-5 INFANTIL
X9 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 17/01 | 16:00h

O Infantil derrotou por 1-5 ao EFS Rodeiro na súa segunda vitoria do curso, lograda por medio dos tantos de Hugo González x3, Adrián León e Rodrigo Lamiño. Esta vitoria posiciónaos 9º con 6 unidades.



Victoria FC "B" 1-3 ALEVÍN
X9 Primeira Futgal FS | SÁB. 17/01 | 20:00h

O Alevín conseguiu o triunfo na pista do Victoria FC "B" por un marcador de 1-3, fructificado polos tantos de Lois Calviño x2 e Luca Santiago. Con estes tres puntos, os brancos son 5º con 18 puntos.



BENX. "A" 1-13 Alto do Vento FS
X9 Primeira Futgal FS | SÁB. 17/01 | 10:00h

O Benxamín "A" cedeu fronte ao AD Codima "B" no seu partido da novena xornada de Primeira Futgal FS, co único gol noiés obra de Alexander Santos. Na táboa posiciónanse 11º con 3 unidades.



Jogafan Ordes FS "B" 1-9 BENX. "B"
X9 Primeira Futgal FS | SÁB. 17/01 | 17:30h

O Benxamín "B" superou por 1-9 ao Jogafan Ordes FS "B", grazas aos goles de Simón Rodríguez x4, Jose Caamaño x2, Bruno Veiga x2 e Noé Blanco. Na clasificación, os nosos son 5º con 16 puntos.



Victoria FC "B" 0-4 PREBENX.
X9 Primeira Futgal FS | SÁB. 17/01 | 18:30h

O Prebenxamín gañou por 0-4 no seu partido contra o Victoria FC "B" e ocupa a 4ª posición con 13 puntos na clasificación.

Comments


bottom of page