RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Cadete Rubi e Douglas é campión de Liga!
- Departamento prensa Noia PA FS
- 5 minutes ago
- 2 min read

Luns, 19/05/2025 · 22:05h
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS viviu unha fin de semana de campións! ¡Ao triunfo ligueiro do Xuvenil DH uniuse o do Cadete Rubi e Douglas, ao igual que os seguintes marcadores!
CADETE Rubi e Douglas 3(11)-3(10) Alto do Vento FS "B"
Cuartos Copa Primeira Futgal FS | SÁB. 17/05 | 18:00h
A fin de semana empezou para o Cadete Rubi e Douglas cunha agónica clasificación a semifinais da Copa, tras superar ao Alto do Vento FS "B" na tanda de penaltis despois do empate a tres tantos no tempo de xogo. Os goles noieses foron de Carlos Suárez e Bruno Regos x2.
CADETE Rubi e Douglas 4-3 CD Laca
Final Liga 1ª Div. Primeira Futgal FS | DOM. 18/05 | 16:00h
Pero o éxtase máis grande ocorreu o domingo. O Cadete Rubi e Douglas é campión da Liga 1ª División de Primeira Futgal FS! Os nosos ergueron o título tras sobrepoñerse aos golpes do rival. Primeiro, a un 0-2 que lograron igualar cos tantos de Bruno Regos e Adrián Yáñez; e, máis tarde, forzando a prórroga grazas ao gol de Carlos Suárez. Xa no extra, os noieses arriscaron co porteiro-xogador e atoparon o premio a uns 30 segundos do final por medio dunha diana de Bruno Regos que desatou as celebracións no Municipal Restollal santiagués. Moitísimas felicidades, equipo! Estamos orgullosos de vós!
Club Melide FS 2-1 BENX. Pazos e Altamirano
Cuartos Copa Primeira Futgal FS | DOM. 18/05 | 11:00h
Termina a aventura copeira do Benxamín Pazos e Altamirano, que cedeu por 2-1 ante o Club Melide FS nos cuartos de final. O gol noiés foi de Ryan Mendes.
PB Diego e Power 2-0 At. Fátima "A"
J4 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | DOM. 18/05 | 10:15h
O Prebenxamín Diego e Power logrou a vitoria na cuarta xornada de grupos copeira contra o At. Fátima "A" por 2-0 e sitúase 2º con 6 puntos en tres partidos.