top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Triunfos do Xuvenil Rufino, Cadete Lluc e Alevín Pirata!



3 vitorias e 6 derrotas nos partidos disputados polas categorías inferiores da nosa Escuola Deportiva esta pasada fin de semana.


La Salle 2-6 XUVENIL Rufino
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 18/02 | 15:15h

De novo á senda do triunfo regresou o Xuvenil Rufino, superando ao La Salle por 2-6, cos tantos de Alejandro Hermida x2, Nicolás Hermida e Hugo Romero x3. Os noieses ascenden á 7ª praza da clasificación con 16 puntos.


Club Melide FS 4-5 CADETE Lluc
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 17/02 | 19:00h

Vitoria con remontada do Cadete Lluc en Melide. Os brancos gañaron por un resultado de 4-5, grazas aos goles de Manuel Fernández x4 e William Ons. Na táboa, a falta dunha xornada para acabar esta fase ligueira, sitúanse 5º con 14 puntos.


CADETE Henrique e Jabá 2-6 CD Composala
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 18/02 | 11:00h

O Cadete Henrique e Jabá finalizou a súa primeira fase ligueira caendo por 2-6 ante o CD Composala. Os goles noieses, de Ismael Martínez e Manuel Creo. A falta de que se dispute a última xornada, na que os nosos descansarán, mantéñense 5º con 8 puntos.


Alto do Vento FS "C" 1-3 ALEVÍN Pirata
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 17/02 | 19:00h

O Alevín Pirata gañou no seu partido ante o Alto do Vento FS "C" por 1-3, cos goles de Adrián Mayo e Álex Balderrábano x2, e prolonga a súa estadía na 2ª praza con 25 puntos, a falta dun partido.


ALEVÍN Altamirano 1-5 Atlético Fátima
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 18/02 | 13:00h

O Alevín Altamirano non puido co Atlético Fátima, a pesar do gol de Iván Queiro. Cun partido por xogar desta primeira fase ligueira, os noieses son 6º con 7 puntos.


ALEVÍN Pazos 1-10 AD Codima
X13 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 18/02 | 18:00h

Derrota do Alevín Pazos no seu partido contra o AD Codima. Carlos Piñeiro anotou o gol dos nosos, aos que tamén lles queda un encontro por xogar nesta primeira fase ligueira.


BENXAMÍN Pola 2-4 Club Melide FS "B"
X3 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 18/02 | 17:00h

O Benxamín Pola perdeu por 2-4 no seu partido ante o Club Melide FS "B". Tiago Rodríguez e Diego Suárez anotaron os goles dos noieses, que son 5º aínda sen puntos nesta segunda fase ligueira tras tres xornadas.


BENXAMÍN Sarmiento 3-6 Atlético Fátima "B"
X3 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 18/02 | 16:00h

Despois dunha vitoria e un empate, o Benxamín Sarmiento perdeu o seu primeiro partido na segunda fase contra o Atlético Fátima "B", a pesar dos goles de Aleixo Campos x2 e Álvaro Couto. Na clasificación son 3º con 4 puntos.


PREBENXAMÍN Machado y Power 1-2 Jogafán Ordes FS X3 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 18/02 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power saíu derrotado por 1-2 na súa terceira xornada da segunda fase ligueira, na que recibiu ao Jogafán Ordes FS. Na táboa quedan 6º con 0 puntos.



bottom of page