top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi a fin de semana de Entroido!



De 3 encontros que había programados, só se disputaron 2 nesta fin de semana de Entroido na Escola Deportiva noiesa, debido ao aprazamento do partido do Alevín de 1ª Autonómica.


ALEVÍN

No seu partido de Liga Xogade, os de Iván Insua venceron por 8-3 ao ED Negreira "B" en A Barquiña. Porén, o encontro que tiñan o sábado contra o EFS Trasgos de 1ª Autonómica volveuse a aprazar, debido á non comparecencia do árbitro.


PREBENXAMÍN

Tamén vitoria noiesa no duelo de Liga Xogade que disputou o Prebenxamín, cun resultado final de 3-1 contra o ED Santa Comba.

bottom of page