RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Crónica dun domingo frenético!
- Departamento prensa Noia PA FS

- Nov 17
- 2 min read

Luns, 15/11/2025 · 21:28h · Imaxe: Alejandro Lorenzo
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS copou o domingo con todos os seus partidos e estes resultados!
XUVENIL 0-0 Oroso FS CD
X4 Primeira Futgal FS - Fase Previa | DOM. 16/11 | 10:00h
O Xuvenil de Julio Moreno igualou sen goles fronte ao Oroso FS CD na xornada catro de Primeira Futgal FS. Na táboa, os nosos son 5º con 4 puntos.
CADETE 6-2 Lago Sport
X10 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 16/11 | 19:00h
O Cadete de Pablo Cardoso logrou unha gran vitoria contra o Lago Sport por 6-2, grazas aos goles de Xan Martínez x2, Massamba Diop x2 e Bruno Regos x2. Na clasificación, os noieses son 12º con 6 puntos.
INFANTIL 0-1 Lago Sport
X10 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 16/11 | 17:30h
O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua caeu pola mínima na visita do Lago Sport, a pesar do gran partido dos nosos, que ocupan na táboa a 13ª posición con 4 puntos.
FC Meigas 2-7 INFANTIL
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 17:30h
O Infantil superou por 2-7 ao FC Meigas na xornada 3 de Primeira Futgal FS, por mediación dos tantos de Rodrigo Lamiño, Hugo González x2, Iker Filgueira x2, Luca Santiago e Jorge Abeijón. Os nosos posiciónanse 8º con 3 unidades.
ALEVÍN 2-3 Alto do Vento FS "B"
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 12:00h
O Alevín cedeu por 2-3 ante o Alto do Vento FS "B" na terceira xornada de Primeira Futgal FS. Os goles noieses levaron a sinatura de Luca Santiago. Na clasificación, os noieses son 7º con 6 puntos.
Jogafan Ordes FS "B" 10-2 BENX. "A"
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 17:00h
O Benxamín "A" caeu derrotado contra o Jogafan Ordes FS "B" por 10-2 na terceira data de Primeira Futgal FS. Os dous goles noieses foron de Alexander Santos. Na táboa, 9º posto con 3 puntos.
BENX. "B" 7-7 AD Codima "B"
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 16:00h
O Benxamín "B" protagonizou un espectacular empate 7-7 contra o AD Codima "B", no que os brancos anotaron por medio de Jose Caamaño x2, Simón Rodríguez x4 e Mateo Fernández. Con este punto, os nosos son 2º con 7 unidades.
Alto do Vento FS 4-0 PREBENX.
X3 Primeira Futgal FS | DOM. 16/11 | 10:00h
O Prebenxamín perdeu no seu partido contra o Alto do Vento FS por 4-0. Na clasificación, os noieses son 4º con 6 puntos.











Comments